Rematamos o trimestre con espírito navideño! Un ano máis volvemos ser solidarios e recollemos xoguetes para donar aos Servizos Sociais do noso Concello, para botar unha man a Papá Noël e os Reis Magos.
Nunhas datas tan sinaladas cómpre manter a ilusión dos máis pequenos, polo que ao longo do mes de decembro deixamos as doazóns na portería do centro, co obxectivo de levar un chisco de felicidade a aqueles fogares que o máis o necesitan.
Bo Nadal!
No hay comentarios:
Publicar un comentario