viernes, 19 de diciembre de 2025

Recomendacións lectoras, Nadal 2025

 Hoxe é o último día para levar en préstamo os libros das novas adquisicións da biblioteca, así que non perdas a oportunidade. Hai historias para todos os gustos: aventuras, misterio, fantasía, emocións… só tes que escoller a túa!




A lectura é moi importante: axúdanos a imaxinar, a aprender, a relaxarnos e a coñecernos mellor. E agora que chega o Nadal, teremos máis tempo libre para ler con calma, ademais de gozar da familia, das amizades e das celebracións.

Un libro pode ser un gran compañeiro nestas vacacións. Achégate hoxe á biblioteca e leva o teu!

O equipo da biblioteca deséxavos un Feliz Nadal!!

jueves, 18 de diciembre de 2025

Calendario Solidario

 

Xa podedes mercar o noso calendario solidario. 

Todo o recaudado será destinado á Fundación Martín Álvarez Muelas que apoia a investigación sobre o cancro infanfil.

Mañá e durante todo o mes de xaneiro podedes facer a vosa aportación a esta causa solidaria. Cada calendario terá unha doazón mínima de 10 euros.



Visita ao colexio

Hoxe o alumnado de 1º e 2º de ESO do Club da lingua e Club de Regueifa foi impartir un obradoiro de regueifa  para 5º e 6º de primaria. 

Fixeron un certame de Regueifa para todo o alumnado do centro e  profesorado. Que ben o pasaron!!

Este luns 22 de decembro Regueifa Tour ás 18.30 no Auditorio.

Viva a regueifa!!




 

Os músicos. Botero


Neste cadro, o alumnado de 1º da ESO reinterpretou a obra Os músicos do artista colombiano Fernando Botero, coñecido polo seu estilo único e recoñecible, no que as figuras aparecen con volumes gran
des e formas redondeadas. Inspirándose nesta maneira tan especial de representar ás persoas, os alumnos e alumnas recrearon unha escena musical chea de cor, expresividade e creatividade. A obra mostra un grupo de músicos tocando distintos instrumentos, transmitindo alegría, ritmo e harmonía. 




 As cores vivas e os detalles coidados axudan a crear unha atmosfera festiva e artística. Con este traballo, os alumnos non só aprenderon sobre a obra e o estilo de Fernando Botero, senón que tamén experimentaron o proceso creativo, expresando as súas propias ideas e emocións a través da pintura. Este cadro é un exemplo de como a arte pode ser unha linguaxe para aprender, compartir e gozar, formando parte do proxecto Somos Artistas, no que a creatividade e a expresión persoal son protagonistas.





 

Árbore da ciencia


 Velaquí unha árbore con moita ciencia.

Os autores? O alumnado do IES Marco do Camballón.


  As cores destas bólas tan chulas son froito das disolucións preparadas polos nosos rapaces e rapazas. Os estudantes de Bach empregaron para as súas disolucións permanganato de potasio e sulfato de cobre. 





O resultado son as bólas moradas e azuis. Mentres tanto, o alumnado da ESO traballou con auga, sal e colorantes, realizando procedementos propios dun laboratorio a partir de materiais que podemos atopar nas nosas cociñas. Ademais, os máis artistas realizaron as pancartas que podedes ver na foto.


 Con elas felicítanvos o Nadal en distintos idiomas e, por suposto, dun xeito moi químico. Recoñecestes os símbolos dos elementos? Se non é así, convidámosvos a darlles un repaso, pois todo o que vos rodea está feito de elementos! Por certo, se este ano se retrasa Papa Noel xa sabedes por que é: anda a facer experimentos...polo ben de todos esperemos que non lle caia o contido do matraz aforado (grazas Alejandro e Daniel por adicar o voso tempo libre a facer os debuxos que acompañan as felicitacións).







Unha tarde de domingo na Grande Jatte. Somos Artístas

 O alumnado de 3º da ESO recreou o cadro do pintor francés Seurat titulado: Unha tarde de domingo na Grande Jatte. A obra mostra unha escea de descanso e diversión á beira do Sena. 

O parque de A Grande Jatte, é unha Illa que se atopa no río Sena. Foi un dos lugares de diversión preferidos dunha gran parte da sociedade parisiense. 

A técnica utilizada por este pintor postimpresionista denomínase puntillismo, por utilizar pequenos puntos de cor pura que se fusionan ao ser observados a cierta distancia.

A última cea. Somos Artísticas

 

O alumnado de 2º de ESO, inspirouse na obra A última Cea de Leonardo da Vinci para decorar a súa aula.
A composición mostra a Xesús e os seus discípulos reunidos para a última cena, según narra Xoaán no Novo Testamento.
A obra, qué das máis coñecidas do artista, é un mural realizado coas técnicas do temple e o óleo, situado no refectorio do convento dominico de Santa María delle Grazie en Milán. Foi declarada Patrimonio de Humanidade en 1980.


martes, 16 de diciembre de 2025

Os tres músicos de Velázquez. Somos artistas

 O alumnado de 3º PDC escolleu a obra de Diego Velázquez, Os tres músicos, unha obra representativa do estilo barroco.

Voluntariado da radio

Cada venres, durante o recreo, un grupo de alumnos e alumnas voluntarios reúnese na radio do centro para preparar e gravar o seu programa. Este é o grupo do venres que fan un programa de temática deportiva. Este espazo convértese nun punto de encontro no que comparten a súa afección polo deporte, comentan novas de actualidade, analizan partidos, entrevistan compañeiros e propoñen seccións propias.

A través da radio, o alumnado desenvolve habilidades de comunicación oral, aprende a traballar en equipo e a organizar contidos, ao tempo que reforza valores como o respecto, a cooperación e o espírito deportivo. O programa do venres é xa unha cita habitual que anima os recreos e dá voz ao alumnado, facendo da radio un recurso educativo vivo e participativo.

lunes, 15 de diciembre de 2025

Recomendación de Nadal



O alumnado de 4º de ESO de Relixión, algúns deles voluntarios da radio escolar, elaborou as súas recomendacións de Nadal. A través das súas voces, compartiron lecturas que lles emocionan e inspiran, como A casa da mina, El descontento, En vela, Non me olvides, Estar mal é normal, Jane, El miedo e moitas outras. Esta iniciativa permitiulles combinar creatividade, comunicación e gusto pola lectura,
facendo que a radio se convertese nun espazo de encontro e descuberta literaria para toda a comunidade educativa.

viernes, 12 de diciembre de 2025

Somos artístas: A persistencia da memoria. Salvador Dalí



Inspirados na obra A persistencia da memoria de Salvador Dalí, o alumnado de 4º de ESO mergullouse no universo do surrealismo para decorar a súa aula dentro do proxecto Somos Artistas. 




A través desta creación colectiva, exploraron o valor do tempo, a forza da imaxinación e a capacidade da arte para transformar os espazos que habitamos.








 Así, a aula converteuse nun lugar onde os reloxos se derriten, as ideas flúen e cada estudante deixa a súa pegada artística.

Obradoiro de cociña


As alumnas do 1º curso de TAPSD asistiron a un obradoiro de cociña con Maruja da Cunca. Hoxe fixeron tres receitas: empanadillas de zorza, boliños de coco e almendrados.

Estaban todo boísimo! 



















jueves, 11 de diciembre de 2025

Obradoiro de Costura


Recordade que seguimos desenvolvendo os obradoiros de costura e ganchillo os venres de 11:30 a 12:00.


Esta actividade está incluída dentro dos recreos culturais da biblioteca.

Estades a tempo de apuntarvos a estas dúas actividades! 

miércoles, 10 de diciembre de 2025

A árbore da ciencia

 Esta árbore de Nadal non é unha árbore calquera: foi creada polo Departamento de Física e Química, e seguramente non ao azar.

Preguntádevos:

Que elementos científicos recoñecedes na árbore? Hai símbolos, materiais, cores ou formas que vos lembran a contidos traballados na materia?

Que intención podía ter o departamento ao organizala así? Quizais querían relacionar a ciencia cun símbolo do Nadal? Amosar que a creatividade tamén forma parte das ciencias?

Que mensaxe transmite? Fala da importancia de investigar, de experimentar, de coidar o medio ambiente, de reciclar, ou de ver o mundo desde outra perspectiva?

Que materiais se empregaron? Poderían ser produtos de laboratorio, modelos moleculares, instrumentos científicos, elementos reciclados…? Por que escollerían eses e non outros?

Que aprendizaxes ou valores pensas que queren destacar? Traballo en equipo? Curiosidade científica? Sustentabilidade? Observación e análise?

Tomade uns minutos para reflexionar e comentade as vosas ideas. Non hai respostas correctas ou incorrectas: o importante é mirar con atención, pensar e interpretar o que esta árbore científica intenta comunicar.

martes, 9 de diciembre de 2025

Día Internacional das persoas con Discapacidade


O ciclo de Atención a persoas en situación de dependencia conmemorou o 3 de decembro; día
internacional das pesoas con discapacidade, coa visualización do video realizado polas alumnas de 2º curso. 

No video mostraron tres entrevistas que realizaron a diferentes persoas con discapacidades física, congnitiva e auditiva, onde relataron as dificultades coas que se enfrenta no seu día a día.



jueves, 4 de diciembre de 2025

25N

 A actividade que  se fixo o 3 de decembro, conmemorando o 25N — Día contra a Violencia de Xénero —, foi realizada no auditorio e dividiuse en catro partes:

1º- Unha performance, ca idea de que o público pudiera vivenciar o agobio que senten as mulleres que están sendo maltratadas e a cantidade delas que sufren desta lacra social. Contamos para dita performance coa colaboración das alumnas de 1º BAC e 1º Ciclo de axuda á dependencia máis o alumno de 1º BAC : Xairo Montoto Asorey.


2º- Presentación do vídeo: “Regueifando con Pracer: tecendo redes feministas de improvisación e coidados”. Unha breve descripción do vídeo :Entre versos improvisados e reflexións compartidas, un grupo de mozas aborda cuestións relacionadas coa sexualidade, construíndo un fío que conecta intimidade e vida comunitaria. Gravada entre Vila de Cruces, Silleda e Santiago de Compostela, esta peza documental recolle parte das accións do proxecto, impulsado por aopaso e SRA. Placerful. Unha proposta que celebra a regueifa e o pracer como ferramentas de transformación

social.

3º- Mónica González Otero, Inspectora de Traballo e Seguridade Social, que leva máis dunha década defendendo os dereitos laborais e loitando contra a discriminación que aínda pesa sobre as mulleres, relata desde o punto de vista do traballo o lugar claramente inferior que ocupou e ocupa a muller neste mundo laboral. 




4º- Mesa redonda con preguntas realizadas polo alumnado de 1o BAC (Cintia, Helena e Martín) sobre todos os temas tratados anteriormente as tres relatoras convidadas a participar neste 25N: Raquel Doallo Álvarez, María Domínguez e Mónica González Otero.


miércoles, 3 de diciembre de 2025

Sesgos de Xénero nos algoritmos de Intelixencia Artificial


O pasado venres, 21 de novembro, o alumnado de 4º de ESO asistiu mediante videoconferencia á charla “Sesgos de xénero nos algoritmos de Intelixencia Artificial”. Foi impartida pola profesora Beatriz Pérez Sánchez e forma parte do Programa de Divulgación Científica da Universidade da Coruña.

 

lunes, 1 de diciembre de 2025

Visita a industrias Guerra de Vila de Cruces

 O alumando de 1º e 2º de Solca visitaron hoxe as instalación de Guerra en Vila de Cruces., que se adican a fabricación  de grúas forestais, marítimas e complementos.

A visita foi guiada e  consistiu na explicación do proceso de fabricación dunha grúa dende o comezo coa proceso de corte e conformado, para despois visitar o taller de soldadura e caldeiraría , profundizando no proceso de soldeo con ROBOT. 

O segunte paso foi a visita  ao taller de montaxe, primeiro co proceso de grúas marítimas e deseguido das grúas forestais. 

Por último acudimos a ollar o proceso  de soldadura orbital dos cilindros hidráulicos e o curvado de tubos con ROBOT CNC, onde nos fixeron unha demostración.