jueves, 16 de enero de 2025

Edureferentes

Iniciamos a participación no proxecto Edureferentes, que trata de achegar ao alumnado información e acompañamento para facilitar o seu coñecemento sobre o mundo laboral dende unha perspectiva de xénero.

Nun primeiro momento, o alumnado de 3º e 4º da ESO asistíu a unha charla na que puideron coñecer a dúas mulleres referentes galegas no seu ámbito profesional. Posteriormente, tivo lugar un obradoiro sobre habilidades blandas co alumnado de 3º ESO, a través do cal a rapazada tomou conciencia da importancia de determinadas capacidades e competencias para o desempeño laboral, máis aló dos coñecementos teóricos. 


O proxecto, que se desenvolve en 20 centros galegos, culminará con mentorías individualizadas a cinco alumnos/as do instituto, favorecendo acompañamento no seu proceso de orientación vocacional. 

lunes, 13 de enero de 2025

Club lectura adultos


Iniciamos o segundo trimestre retomando o club de lectura de adultos. Nesta primeira sesión do ano comentamos Non penses nun elefante rosa de Antía Yánez e eleximos a nova lectura. Na seguinte sesión falaremos da obra O corpo de Cristo de Bea Lema, Premio Nacional de Cómic 2024.




jueves, 9 de enero de 2025

Visita a Fundación Neira Vilas

 O alumnado de 1° da ESO viaxou a Gres para visitar a Fundación Xosé Neira Vilas. Ali,  Xose M. Lobato, membro do padroado, realizou unha visita guiada e explicounos a vida e a obra do noso veciño


ilustre. 

Iria Aldegunde, autora da banda deseñada "Memorias dun neno labrego", adaptación da novela, deunos unha conferencia sobre o proceso de creación da súa obra: motivacións, influencias, retos, problemas, solucións...

O alumnado achegouse posteriormente ao cemiterio de Gres, onde se realizou unha homenaxe a Xosé e Anisia no que India, Sabela e Aldara cantaron unhas coplas.

Antes de marchar, sobre a Ponte Lesdesma, coñecemos, do punto de vista histórico, o desenvolvemento da Batalla de Ponte Ledesma, en 1809, entre o exército popular galego e o exército francés de Napoleón.