viernes, 7 de marzo de 2025

Feninismo 4.0

 


Para que olledes este catálogo de mulleres que marcaron un antes e un despois na historia. Mulleres bravas que traballaron e traballan a reo no eido da física, da bioloxía, da matemática, da astronomía, dos videoxogos, da música, da educación, dos inventos...

Algunhas galegas, outras estadounidenses, francesas, espanolas, británicas, filandesas, croatas.... grazas a todas polos magníficas aportacións que fixeron, fan e seguirán facendo nos diversos ámbitos nos que cada unha desempeña o seu traballo.


jueves, 6 de marzo de 2025

Batucada nas Cruces en prol do 8M



O alumnado do Camballón de 1º ESO  que durante este segundo trimestre estiveron preparando a batucada do 8M, hoxe a terceira hora convocan a todo o centro, para percorrer parte do pobo ata o concello. Durante o percorrido, cantaránse os distintos lemas propostos polas titorías así como os ritmos da batuca. 
Voluntarias de 4º de ESO axudaron a organización da marcha por Vila de Cruces.