Maña, imos conmemorar no Camballón as Letras Galegas, unhas letras moi especiais por adicarllas aos traballos e á figura das cantareiras, mulleres que mantiveron a nosa lingua viva a través das súas coplas e melodías, facendo da lírica popular galega un dos maiores patrimonios culturais que posuímos. Unha loita por que a nosa identidade e a nosa lingua, cando todo parecía ameazado polos avances de novos tempos e novas formas de comunicar, segue viva.
A Real Academia Galega elixíu as seis mulleres protagonista, pero o IES Marco do Camballón, ten a súa propia, unha cruceña, como moitas outras que descoñecemos porque xa non están ou non demos sabido delas.
Dorinda de Duro é a nosa homenaxeada, nada en Souto, parroquia de Santo Tomé de Insua, é un referente para nós e para a nosa lingua. Grazas Dorinda pola súa presenza e a forza que coa súa música permite ter hoxe un patrimonio vivo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario