viernes, 28 de noviembre de 2025

As profes na radio

Hoxe o noso equipo docente participou nunha xornada de formación centrada no uso da radio como ferramenta educativa. Durante a sesión, Damián Alonso, profesional do medio radiofónico que explicou diferentes técnicas e recursos para integrar a radio no traballo diario das distintas materias, desde a Lingua e Literatura, Orientación ata as Ciencias ou as materias de Educación Plástica e Relixión.

O obxectivo desta formación é que o profesorado poida aproveitar a radio para fomentar a comunicación, a creatividade e o traballo en equipo entre o alumnado. Empregar este medio permite aos estudantes desenvolver habilidades como a expresión oral, a investigación, a planificación de contidos e a colaboración, ao mesmo tempo que se achegan a un recurso cultural e mediático de gran alcance.


A incorporación da radio na aula tamén favorece a motivación do alumnado, xa que lles brinda a oportunidade de ser protagonistas do seu propio aprendizaxe, compartir as súas ideas e expresar a súa voz de maneira activa e creativa.

Con esta iniciativa, o noso centro busca seguir innovando na metodoloxía educativa e ofrecer ao alumnado experiencias de aprendizaxe máis dinámicas, participativas e enriquecedoras.
















Formación na radioO obradoiro rematou coa parte práctica. O alumnado, por parellas, buscou un tema e elaborou un podcast para logo crear un programa completo que poderedes escoitar próximamente. Moitas grazas Damián sempre é un pracer recibirte no noso centro!

 O alumnado de 1º da ESO asistiu hoxe a un obradoiro de radio, impartido por Damián Alonso, de Ponte nas Ondas. 


Iniciaron a actividade falando da estructura que debe ter un texto para ser lido na radio: claridad e, frases cortas, coherencia... Continuaron traballando temas referidos á dicción, a postura e os contidos
O obradoiro rematou coa parte práctica. O alumnado, por parellas, buscou un tema e elaborou un podcast para logo crear un programa completo que poderedes escoitar próximamente.

Moitas grazas Damián sempre é un pracer recibirte no noso centro!






.



miércoles, 26 de noviembre de 2025

Entrevista a Maica Gorgal

 

O alumnado de 2º de Bacharelato gravou na radio unha entrevista coa autora que próximamente difundiremos.

Esta actividade está relacionada co proxecto Donas de si, centrado no estudo do papel das mulleres nas minas de Fontao.
Moitas grazas pola túa visita, Maica, foi un pracer escoitarte! Quédanos pendente esa viaxe a Santa Comba para coñecer a Casa da mina de Varilongo!




A casa da mina de Maica Gorgal

Hoxe visitounos Maica Gorgal @maicagorgal autora do libro A casa da mina.












O alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato asistiu a unha charla sobre o proceso de creación do libro, as personaxes e os vínculos personais da autora coa historia.






Tamén falaron sobre a situación da muller na época na que está ambientado o libro e do seu papel nas minas de wolframio.










martes, 25 de noviembre de 2025

CRACHAS SOLIDARIAS POLO 25N!


Hoxe conmemoramos o #25n con estas crachas solidarias. Durante toda a semana poderedes adquirilas no posto que as voluntarias instalaron na entrada principal do centro.


Todo o recaudado será destinado á Fundación Martín Álvarez Muelas https://www.fundacionmartin.org/ que impulsa e promove accions que, en colaboración cos equipos médicos e científicos, favorezan a identificación de tratamentos que melloren os procesos del cáncer infantil en xeral en particular ol DIPG infantil.


O deseño está realizado pola alumna de 1º de Bacharelato, Sarai Varela Louzao. Dende a Biblioteca agradecemos a súa colaboración neste proxecto solidario.

Riscos do ocio nocturno

 Onte luns, Martín Camba, Policía Local de Santiago de Compostela,  visitou o noso centro para falar cos alumnos sobre os riscos e consecuencias de certas condutas relacionadas co ocio nocturno. Durante a sesión abordáronse temas de especial relevancia para os mozos, como as agresións sexuais, o vandalismo contra o patrimonio e o mobiliario urbano, os ruídos nocturnos, os accidentes de tráfico, o consumo de bebidas alcohólicas e a práctica do botellón.

Os axentes explicaron que estas actitudes non só poñen en perigo a propia integridade dos mozos e de terceiros, senón que tamén teñen consecuencias legais. No caso de menores, a lei contempla medidas específicas que poden implicar desde sancións económicas ata medidas de protección ou responsabilidade penal, dependendo da gravidade dos feitos.

Ademais, a Garda Civil insistiu na importancia de respectar o espazo público e o descanso da veciñanza, así como de ser conscientes de que as accións imprudentes ou violentas teñen repercusións inmediatas e a longo prazo, tal e como recollen as noticias recentes sobre sucesos vinculados a estes comportamentos.

A charla rematou cunha chamada á responsabilidade individual e colectiva: disfrutar do tempo libre de forma segura e respectuosa é fundamental para evitar problemas legais, accidentes e conflitos cos demais.

lunes, 24 de noviembre de 2025

Regueifando con pracer

 "É marabilloso ver a xente das Cruces aí arriba, que somos magníficas, que somos terra de cultura", dixo Nuria Penas na estrea do documentario "Regueifando con pracer". 


Con ela, como podemos ver no vídeo están África Garcia,  Marta Iglesias e Manuela da Brea, a representar o Caballón.

O pasado 22 de novembro presentouse na Sala Numax, en Compostela, o filme "Regueifando con pracer", gravado no  Camballon, entre outras localizacións, con alumnas do noso instituto. Foi un momento emocionante e cheo de orgullo.


Visita ó Instituto Galego de Física de altas Enerxías (IGFAE) e á Facultade de Física


 

O pasado venres o alumnado de ciencias de 2° de bacharelato visitou o IGFAE e o laboratorio de hidróxeno e baterías da Facultade de Física en Santiago de Compostela.






No IGFAE recibiron unha charla sobre física de partículas, visitaron algúns dos laboratorios e experimentaron tres situacións distintas de realidade virtual.

Para finalizar, achegáronse á facultade de física e ó laboratorio de hidróxeno no qué lles explicaron as principáis aplicacións das investigacións realizadas. 














 

 

domingo, 23 de noviembre de 2025

Entrega dos galardóns do I Concurso de Curtametraxes Documentais Carlos Asorey Martínez

Este sábado, a Fundación Paco Lareo fixo entrega dos galardóns do I Concurso de Curtametraxes Documentais Carlos Asorey Martínez. O xurado desta primeira edición estivo formado por Alfonso Pato, Daniel González, Carmen Lareo e Xaime Varela, profesionais vencellados ao ámbito cultural e
audiovisual.

O IES Marco do Camballón participou activamente no acto, tendo a honra de entregar o Premio do Público, un recoñecemento que pon de manifesto a importancia da mirada colectiva e da participación da comunidade educativa neste tipo de iniciativas.
Queremos expresar o noso agradecemento á Fundación Paco Lareo por convidarnos e implicarnos nunha actividade que aposta pola creatividade, dá visibilidade ao talento de novas e novos creadores e, ao mesmo tempo, recoñece o valor do rural como espazo de cultura, memoria e inspiración.


viernes, 21 de noviembre de 2025

QUE NON TE LÍEN, TI ELIXES!


O alumnado de 3º e 4º da ESO participou no programa "Que non te líen, ti elixes!", ofertado pola Consellería de Educación para abordar a orientación vocacional dende a perspectiva de xénero.

O alumnado puido comprobar que as profesións non teñen xénero e a importancia da toma de decisións vocacionais libre de estereotipos. 

Visita á Catedral

O alumnado de 1º e 2º Bacharelato de Xeografía, Historia, Arte e Patrimonio de Galicia e Relixión visitaron a Catedral de Santiago puideron descubrir moitos dos seus segredos e marabillas arquitectónicas. 





Comezaron polo Pazo de Xelmírez, onde percorremos as diferentes salas e exposicións que nos axudaron a comprender mellor a historia da cidade e da propia Catedral.





Despois subiron aos tellados, unha experiencia inesquecible que nos permitiu ver Santiago dende outra perspectiva. Dende alí recoñeceron as distintas prazas que rodean o templo e que forman parte da súa identidade: a Praza do Obradoiro, a da Quintana, a de Praterías... Cada unha con personalidade propia e cunha relación especial coa Catedral.





 Ao longo da visita achegáronse tamén á Cruz dos Farrapos, cimborrio e a Torre da Carraca, onde puidemos ver este curioso instrumento que soa unicamente dúas veces no ano e preciaron a complexidade da estrutura e a monumentalidade do edificio.




No interior da Catedral comprobaron que se trata dun templo de planta de cruz latina e fixámonos nas diferenzas entre os estilos románico, gótico e barroco que conviven no mesmo edificio. O órgano, coa súa impresionante decoración e presenza, chamou especialmente a nosa atención.





Foi unha visita moi completa na que non só admiraron a arquitectura e a arte, senón que tamén aprendemos a interpretar os elementos que fan da Catedral de Santiago un dos monumentos máis importantes e simbólicos de Galicia.

 








jueves, 20 de noviembre de 2025

Somos artístas. Guernica


O alumnado de 2º de ESO B rematou a decoración da súa aula! Que vos parece? De que pintor é a obra que elexiron?
O cadro Guernica é unha das obras máis coñecidas do pintor español Pablo Picasso e un dos símbolos universais contra a guerra. 






Foi pintado como reacción ao bombardeo da vila vasca de Guernica, ocorrido durante a Guerra Civil española, no que a poboación civil sufriu unha destrución brutal.

Nesta escena caótica aparecen varias figuras cheas de sufrimento: unha nai chorando co seu fillo morto nos brazos, un cabalo ferido, un touro, persoas atrapadas entre as chamas e corpos esnaquizados. Ningunha figura aparece tranquila; todo expresa medo, violencia e angustia.

Picasso non representa o ataque de maneira realista, senón a través dun estilo cubista e expresionista, utilizando formas fragmentadas e xestos moi marcados para impactar emocionalmente no espectador. O cadro non fala só dun feito concreto, senón que se converte nunha denuncia de todas as guerras e da violencia contra persoas inocentes.



Xa chega o Nadal!!

 

O alumnado de Relixión de 1º e 2º ESO está a elaborar postais para conmemorar o nacemento de Xesús, empregando diferentes elementos simbólicos que axudan a
comprender mellor o significado desta festa. A través de cores, imaxes, palabras e pequenos detalles con mensaxe, cada postal convértese nun recordo especial do espírito do Nadal.

Unha forma creativa e sentida de manter viva a historia do Nacemento e de compartir ilusión con toda a comunidade educativa.