viernes, 21 de noviembre de 2025

Visita á Catedral

O alumnado de 1º e 2º Bacharelato de Xeografía, Historia, Arte e Patrimonio de Galicia e Relixión visitaron a Catedral de Santiago puideron descubrir moitos dos seus segredos e marabillas arquitectónicas. 





Comezaron polo Pazo de Xelmírez, onde percorremos as diferentes salas e exposicións que nos axudaron a comprender mellor a historia da cidade e da propia Catedral.





Despois subiron aos tellados, unha experiencia inesquecible que nos permitiu ver Santiago dende outra perspectiva. Dende alí recoñeceron as distintas prazas que rodean o templo e que forman parte da súa identidade: a Praza do Obradoiro, a da Quintana, a de Praterías... Cada unha con personalidade propia e cunha relación especial coa Catedral.





 Ao longo da visita achegáronse tamén á Cruz dos Farrapos, cimborrio e a Torre da Carraca, onde puidemos ver este curioso instrumento que soa unicamente dúas veces no ano e preciaron a complexidade da estrutura e a monumentalidade do edificio.




No interior da Catedral comprobaron que se trata dun templo de planta de cruz latina e fixámonos nas diferenzas entre os estilos románico, gótico e barroco que conviven no mesmo edificio. O órgano, coa súa impresionante decoración e presenza, chamou especialmente a nosa atención.





Foi unha visita moi completa na que non só admiraron a arquitectura e a arte, senón que tamén aprendemos a interpretar os elementos que fan da Catedral de Santiago un dos monumentos máis importantes e simbólicos de Galicia.

 








No hay comentarios:

Publicar un comentario