
Hoxe celebramos o día do orgullo e a diversidade. Despois de ver os últimos capítulos da serie Heartstopper baixamos ao ximnasio onde o alumnado de Bacharelato leu un manifesto. Tamén tivemos actuacións de canto, baile e regueifa. Para rematar asistimos a unha actuación de @lashermanasdefan o no auditorio municipal.
Foi unha celebración da liberdade que puxo en valor a riqueza que achega a diversidade á sociedade. Unha xornada para lembrar a importancia do respecto, a igualdade e a inclusión.





No hay comentarios:
Publicar un comentario