Mostrando entradas con la etiqueta Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Mostrar todas las entradas

miércoles, 31 de enero de 2024

Andaina pola paz

 


Hoxe conmemoramos o día da Non Violencia e a Paz. Realizamos unha andaina alumnado e profesorado do centro polo pobo. A marcha estivo encabezada pola pancarta alusiva á paz. Percorrimos as rúas da vila e subimos ao Mirador das Covas para despois voltar ao centro. Durante o percorrido o alumnado de 4° da ESO de Relixión que leron textos que nos pretendían que se reflexionara sobre distintos conflitos: políticos, sociais, ideolóxicos, lingüísticos ... Sen dereitos non hai igualdade e sen igualdade non hai paz. É responsabilidade de todos nós.



lunes, 29 de enero de 2024

Se tivera un lápiz máxico....


Na semana en que conmemoramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, traballamos sobre a figura de Malala e o seu conto "El lápiz mágico de Malala". A historia desta activista Premio Nobel da Paz 2014 servíunos para reflexionar e repensar a situación no mundo actual, á par que nos atrevemos a imaxinar
posuidores dun lápiz máxico co que plasmar o noso desexo para construir a un mundo mellor. Cos nosos desexos elaboramos un ceo cheo de estrelas!

jueves, 3 de febrero de 2022

Árbore dos desexos

                                           

  Ao longo do mes de xaneiro, o alumnado do instituto participou en distintas iniciativas que se organizaron no centro con motivo da conmemoración do Día Escolar da Non Violencia e a Paz, que se celebrou o 30 de xaneiro. Entre elas, creamos a Árbore dos desexos, unha actividade na que o alumnado plasmou por escrito os seus anhelos de paz para construir un mundo mellor, logo de reflexionar a partir da canción Imagine de John Lennon.

Como di o autor "soña con un mundo de amor e paz e farémolo realidade", así que non esquezades pechar os ollos e imaxinar un mundo en paz!