Mostrando entradas con la etiqueta Iria Moire. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Iria Moire. Mostrar todas las entradas

jueves, 19 de enero de 2023

Visita de Iria Moire

Hoxe recibimos a visita de Iria, antiga alumna do centro, que tivo unha charla co alumnado de 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato, para contarlles a súa experiencia e intercambiar opinións. Iria, que realiza o grao de Dereito, rematou estudos no noso centro hai dous cursos. Agora, volveu ao

instituto pero para charlar co alumnado sobre a súa experiencia unha vez rematados os estudos secundarios. Faloulles sobre a importancia de ser constantes no estudo e do hábito de traballo na ensinanza superior, os cambios e diferencias entre os estudos secundarios e universitarios, como é a vida académica na universidade, a relevancia de cultivar a vida social e tecer redes que sirvan de apoio nos estudos superiores, os programas para estudar no estranxeiro, a vida lonxe da casa....preguntando o alumnado as súas dúbidas e inquedanzas, que foron resoltas pola antiga alumna.
Sobre todo, a compañeira incidiu en como un vai medrando e se ten que facer independente, asumindo as súas propias responsabilidades. Pero tamén insistiu na importancia de loitar por aquelo que un quere, animando ao alumnado fronte ás adversidades que vaian atopando a medida que van madurando. Sen dúbida foi unha visita que gustou moito ao alumnado, ao ter referencias de primeira man dunha igual que hai pouco pasou polo mesmo que eles/as están a vivir agora.
 
Grazas pola visita Iria! Desexámoche moita sorte!