Mostrando entradas con la etiqueta Plan Director. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Plan Director. Mostrar todas las entradas

jueves, 24 de abril de 2025

As tics e os seus riscos

No marco do Plan Director para a convivencia nos centros educativos, estes días estanse a levar a cabo unha serie de charlas no centro. No caso do alumnado de 1º ESO, no día de hoxe falaron con unha axente da Garda Civil sobre os riscos das TICs, a fin de favorecer un uso responsable das mesmas e previr os
mesmos. 

As novas tecnoloxías avanzan a pasos axigantados e aínda que non sexamos conscientes, estamos sometidos a riscos no seu uso de forma continua, por iso cómpre ser conscientes dos mesmos e facer un uso seguro e responsable das mesmas: manter as cámaras dos dispositivos tapadas, acceder só a páxinas seguras, non contestar a descoñecidos, manter sempre o modo privado, facer limpeza dos nosos móbiles para eliminar virus, empregar contrasinais fortes....son cuestións que poden reducir e minimizar os perigos. 

Internet non está exento doutros perigos como o ciberacoso, ciberadicción, acceso á pornografía a idades temperás....O caso é que a ciberdelincuencia é unha realidade e podemos ser vítimas da mesma ou incluso cometer un delito sen ser conscientes. Por isto, cómpre estar informados e facer un uso crítico e responsable destes medios. 

Para rematar, tal como nos informou a axente, indicar que o INCIBE (Instituto Nacional de Ciberseguridad) pon a disposición da cidadanía o teléfono 017 para calquera tipo de dúbida ou axuda en ciberseguridade.

viernes, 10 de febrero de 2023

Plan de Prevención Drogas e Alcohol



Rematamos coas charlas do Plan Director, impartidas pola Garda Civil no noso centro no segundo trimestre. Desta volta, pechamos coas charlas de prevención no consumo de drogas e alcohol impartidas ao alumnado de 3º ESO, 4º ESO e Formación Profesional Básica. Na adolescencia prodúcense cambios importantes no alumnado, propios da etapa vital que atravesan: egocentrismo, invulneravilidade, o sentido crítico, a identificación cos iguais e a importancia da pertenza ao grupo...Nestas circunstancias, entre outras cousas, o alumnado precisa de información veraz e modelos de identificación positivos que incentiven a responsabilidade cara o o ocio saudable, evitando que asuman riscos ou condutas perxudiciais. En definitiva, trátase de promover unha correcta toma de decisións a través do coñecemento do risco do consumo de certas substancias nocivas para a saúde.

Risco en Internet



O mércores 8 de febreiro recibimos a visita da Garda Civil, que nesta ocasión e no marco do Plan Director, falaron co alumnado de 1º ESO, 2º ESO e Formación Profesional Básica sobre os riscos de internet (ciberacoso, sexting, grooming, importancia da privacidade na rede....).Se ben as novas tecnoloxías e redes sociais teñen aspectos positivos, tamén é certo que é conveniente coñecer os seus riscos para poder evitalos e movernos de forma segura no entorno virtual.