Mostrando entradas con la etiqueta Skills. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Skills. Mostrar todas las entradas
miércoles, 29 de octubre de 2025
O talento do noso alumnado en Silleda
Hoxe, o alumnado de FP dos ciclos formativos de grao medio en Soldadura e Caldeirería, e en Atención a persoas en situación de dependencia, mediu o seu talento en Silleda. Foi unha xornada de aprendizaxe e demostración de habilidades, na que puideron poñer en práctica todo o que aprenderon nos seus respectivos ciclos formativos, demostrando esforzo, compromiso e profesionalidade.
jueves, 7 de octubre de 2021
Segundo premio nos Skills
Noraboa Nico, alumno do ciclo de SOLCA que acadou o segundo premio nos Skills 2021 en Vigo.
Parabéns!!
viernes, 30 de noviembre de 2018
Galicia Skills 2018
O alumnado do Camballón xunto a máis 130 concursantes máis estiveron no pavillón número 2 de Silleda para participar no Skills 2018. Durante o mércores e a mañá do xoves fixeron exercicios prácticos. Competiron seis alumnos dos institutos e CIFP de Vigo, Santiago, a Coruña, Valga e Vila de Cruces. Na primeira proba tiñan que realizar e colocar unha soldadura en chapa e aceiro ao carbono en 5 posicións distintas a partir dun plano con simbolización da soldadura a realizar. Na segunda, realizada o xoves, tiñan que realizar tes soldaduras en tubo de aceiro carbono de 4mm de espesor. Durante máis de 14 horas os cinco alumnos e unha alumna traballaron a reo e Daniel Puga, do Marco do Camballón, acadou o segundo premio.
Parabéns!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

