Estas son as integrantes da Equipa que resultou gañadora no Scape Room sobre o libro Memoria do Silencio, onde se fala das irmáns Touza en Ribadavia. Parabéns a equipa Medico: Marta, Shaila, India, Aldara e Iría que non demostraron as súas destrezas a hora de resolver os enigmas senón que tamén foron as que máis acerto responderon ás cuestións teóricas.martes, 27 de mayo de 2025
Equipa Gañadora
Estas son as integrantes da Equipa que resultou gañadora no Scape Room sobre o libro Memoria do Silencio, onde se fala das irmáns Touza en Ribadavia. Parabéns a equipa Medico: Marta, Shaila, India, Aldara e Iría que non demostraron as súas destrezas a hora de resolver os enigmas senón que tamén foron as que máis acerto responderon ás cuestións teóricas.viernes, 23 de mayo de 2025
Mellor grupo na misión
Pero cal de todos os grupos foi o que colaborou e estivo máis atento na misión encomendada?
Sería... Evanxelista, Pescadores, Taxi, Calavera, Consul e Médico.
Aínda que todos os grupos traballaron moito para resolver a misión, ao finalizar cada grupo tiña que demostrar que coñecementos adquiriron coas actividades realizadas.
En breve saberedes quen obtivo mellor puntuación.
Club de lectura e a organización clandestina The Mother
Interpretamos coordenadas, seguimos pistas, descubrimos enigmas e coñecemos a historia e o patrimonio da vila.
O xogo estaba ambientado na historia das Irmáns Touza, Lola, Amparo e Xulia que entre 1940 e 1945 puxeron as súas vidas ao servizo da liberdade e da dignidade humana. Asumiron un grande risco para liberar aos centos de xudeus polo son consideradas as Schindler Galegas. A actividade foi organizada por Natalia e Gema de Xogando coa Historia, Rutas e Retos.O noso interese pola historia de estas irmáns parte do libro Memoria do silencio, lectura compartida polos distintos grupos este curso.
Ao finalizar o xogo visitamos o Castelo dos Sarmiento e o Museo Sefardí. Rematamos a xornada relaxándonos nas Termas de Prexegueiro onde coñecemos a Jakson, un gatiño moi sociable!
Moitas grazas ao grupo do Club de Lectura pola súa implicación e o seu comportamento exemplar!
Xa sabes, ler ten premio, o próximo curso tes que apuntarte ao noso Club de Lectura!



