miércoles, 21 de enero de 2026
Investigando parque Naturais de España
Durante o traballo, o alumnado investigou aspectos como a localización xeográfica, a paisaxe, o clima, a flora e a fauna características de cada parque, así como as principais ameazas ambientais ás que se enfrontan. Tamén reflexionaron sobre a importancia de protexer estes espazos naturais e sobre o papel que desempeñan na loita contra o cambio climático e na conservación da biodiversidade.
Finalmente, cada grupo compartiu coa clase a información recompilada mediante pequenas exposicións orais, acompañadas de imaxes e datos relevantes. A actividade permitiu ao alumnado ampliar os seus coñecementos sobre o patrimonio natural español, desenvolver habilidades de busca e selección de información e tomar conciencia da necesidade de coidar e respectar os espazos naturais.
viernes, 7 de noviembre de 2025
Visita ao Museo de Pontevedra
O grupo realizou unha visita guiada aos fondos do Museo Provincial. A partir das explicacións da guía, analizaron restos do noso patrimonio dende a prehistoria ata a actualidade.
A actividade rematou cunha visita á Igrexa de Santa María, o interior, o exterior e o seu campanario, dende onde puideron admirar a vista da cidade.
viernes, 21 de octubre de 2022
2º Bac na Radio
Volve a RADIO!!!!! o mércores pasado o alumnado de 2º de Bacharelato da materia Xeografía e Historia de Galicia estivo na radio preparando as entrevistas que van realizar a dous autores que visitarán o centro próximamente; Anxos Sumai e Fausto Isorna. Volveron a tomar contacto co proceso de gravación e fixeron probas de audio para recordar o aprendido en cursos pasados. O 16 de novembro realizarán unha entrevista á escritora Anxos Sumai que xa teñen preparada. A visita de Fausto Isorna está por determinar pero tamén incluirá unha charla na radio. Estamos elaborando o proxecto da radio para este curso. Entre as novidades que imos poñer en marcha destaca unha rede de altofalantes que será instalada por todo o centro para emitir dende a radio durante os recreos. A actividade consistirá en que cada titoría realice unha lista en Spotify que será reproducida durante un recreo. Temos moitas ideas e actividades previstas en relación á radio, estade atentxs, xa vos iremos contando..miércoles, 28 de septiembre de 2022
Saída a Catoira
Onte estivemos de excursión en Catoira. O alumnado de 2 de Bacharelato que cursa a materia Xeografía e Historia de Galicia realizou unha visita guiada polo entorno do río Ulla que incluiu os lugares máis interesantes do concello. As Torres de Oeste, o centro de activación cultural CACTO, os muiños de Abalo e a lagoa de Pedras Miudas foron algúns dos enclaves visitados. Damos as grazas ao noso guía, Polo, que transmitiu a súa paixón pola historia e o patrimonio de Catoira e a Ana que explicou os tesouros agochados no CACTO. Un día para lembrar...















