Mira e escoita un achegamento particular e moi atractivo á súa poesía a cargo, tamén, do alumnado de Guitiriz.
martes, 13 de mayo de 2014
jueves, 8 de mayo de 2014
Letras galegas 2014: Xosé Mª Díaz Castro (I)
Este ano as Letras galegas están dedicadas á figura do poeta de Guitiriz Xosé Mª Díaz Castro. Para comezar a saber algo sobre el, deixámosvos este vídeo documental elaborado no IES que leva o seu nome.
lunes, 5 de mayo de 2014
Rexistro para o concurso CambaLetras 2014
A biblioteca do
IES Marco do Camballón, o Departamento de Lingua galega e literatura e o Clube
da Lingua convocan o concurso
CambaLetras 2014.
- Poderá participar todo o alumnado do centro.
- Deberedes realizar grupos de 3 persoas como máximo, que poderán ser de distintos cursos, pero cada persoa só poderá participar nun equipo.
- É indispensable rexistrarse neste blogue enviando un comentario no que se detallen:
- Nome, apelidos e curso de cada un dos participantes
- Nome do equipo (este nome será o que aparecerá nas listaxes de clasificación).
- No apartado Comentar como: seleccionar perfil seleccionade Anónimo. Tamén podedes escoller Nombre/URL e escribir aí o nome do voso equipo (deixando en branco URL).
- Prazo para rexistrarse: desde as 9:00h do luns 5 de maio ata as 22:00h do luns 12 de maio. Non se admitirán rexistros fóra dese prazo.
- A listaxe definitiva de grupos rexistrados -e, polo tanto, os que teñen dereito a participar- publicarase o mércores 14 de maio ás 9:00h.
O concurso comezará o luns 19 de maio. Lembrámosvos que o premio para o equipo ganador é de 60€!! Animádevos a participar!
Etiquetas:
Cambaletras 2014,
Concurso,
Galego,
Letras Galegas
domingo, 4 de mayo de 2014
Excursión a Zas
O luns 28 viaxamos a Baio, no concello de Zas, ao instituto Maximino Romero de
Lema. Alí estábannos esperando un locutor dos 40 Principales de que deu o pregón que iniciaba a Semana Cultural.
Recibimos unha grande charla de Felipe Senén, un arqueólogo dos máis importantes de toda Galicia e actuou o grupo de música "A Magnifique bande dos homes sen medo".
Ao rematar a comida dirixímonos cara ao Castro de Borneiro onde Manuel Gago nos explicou o que alí acontecera fai miles de anos.
Ao final fomos a ao dolmen de Dombate, que está orientado cara ao solpor no solsticio de inverno, onde tamén nos dera explicación interesantísima. Grazas, amigas e amigos de Zas!
Recibimos unha grande charla de Felipe Senén, un arqueólogo dos máis importantes de toda Galicia e actuou o grupo de música "A Magnifique bande dos homes sen medo".
Ao rematar a comida dirixímonos cara ao Castro de Borneiro onde Manuel Gago nos explicou o que alí acontecera fai miles de anos.
Ao final fomos a ao dolmen de Dombate, que está orientado cara ao solpor no solsticio de inverno, onde tamén nos dera explicación interesantísima. Grazas, amigas e amigos de Zas!
viernes, 2 de mayo de 2014
Visita de Jorge Mira

Onte,
mércores 30 de abril, tivemos a visita de Jorge Mira que nos tivo entretidos e
expectantes durante… case dúas horas! Falounos, en clave humorística e
desenfadada, de cuestións científicas variadas que foron dende a evolución das
especies, a aparición dos órganos sexuais nos mamíferos e o porqué da súa morfoloxía
ata cuestións onde a ciencia e a filosofía se disputan o protagonismo -que
había antes do Big Bang? pode a ciencia explicar o que aconteceu antes do
momento 0?
Ao
rematar a súa exposición houbo unha quenda de preguntas e finalmente unha sesión
fotográfica na que boa parte do alumnado presente na charla (3º e 4º de ESO e
1º de Bacharelato) quixo retratarse (selfies incluídos) co protagonista do noso
broche de ouro ao mes da lectura, no que a biblioteca quixo, una vez máis, poñer
a ciencia no punto de mira.
Tamén asinou no noso libro de visitas:

E aquí tedes as súas dedicatorias:
E se alguén quere repetir, aquí podedes ver o vídeo da súa charla:
Pero
isto non é todo, amigos, aínda hai máis.
Estade
atentos ao blog porque en breve publicaremos unha noticia de gran calado!
jueves, 1 de mayo de 2014
Visita de Carlos Negro
A presentación que elaborou Rosa Salgueiro:
E as súas dedicatorias, unha no exemplar do seu poemario Penúltimas tendencias rexistrado co número 7000 e outra na primeira páxina do flamante libro de visitas da biblioteca.:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)