Debido a un problema de conexión co catálogo sobre material audiovisual que a páxina web de Amnistía Internacional ofrecía no marco da campaña O meu corpo, Os meus dereitos, anúlase a pregunta número 2 do 2º bloque de preguntas da 5ª fase.
Deste xeito, a puntuación posible para este 2º bloque é a correspondente á pregunta número 1: 5, 4 ou 0.
A puntuación e clasificación publicarase hoxe a partir das 20:30 horas.
lunes, 9 de febrero de 2015
1º Bloque 6ª Fase
Comeza a 6ª Fase do CambaNet da man do Departamento de Filosofía con dous bloques de preguntas nas semanas do 9 ao 13 e do 23 ao 27 de febreiro.
Recordade tamén que cada equipo só pode realizar un envío.
A puntuación será a seguinte:
- Cada resposta correcta: 5 puntos
- Resposta con 1 falta de ortografía: 4 puntos
- Resposta con máis de 1 falta de ortografía, incorrecta ou fóra de prazo: 0 puntos
As solucións e mais as respostas de todos os grupos, así como a clasificación do 1º bloque da sexta fase do concurso, faranse públicas o domingo 15 de febreiro.
Para resolver posibles dúbidas, consultade as instrucións nesta ligazón.
Para resolver posibles dúbidas, consultade as instrucións nesta ligazón.
As preguntas son as seguintes:
1. Busca na biblioteca e
indica o título dunha obra de cada un dos seguintes filósofos: Platón,
Aristóteles, Descartes, Hume, Kant, Nietzsche, Ortega y Gasset e Fernando
Savater.
2.
O problema mente-corpo na filosofía occidental fai referencia á posibilidade de
que os seres humanos esteamos compostos dun elemento físico (corpo) e outro
espiritual (alma, mente, eu) de natureza completamente diferente. Cal é
actualmente a posición maioritaria na neurociencia? Busca información no
capítulo 15 do libro titulado Neurociencia
para Julia de Xurxo Mariño.
viernes, 6 de febrero de 2015
Aviso para CambaNeteir@s
Debido á cancelación das clases de hoxe (venres 6 de febreiro), amplíase o prazo para enviar as respostas do 2º bloque da 5ª fase do concurso CambaNet ata o luns 9 ás 20:00 h.
lunes, 2 de febrero de 2015
2º Bloque 5ª fase

Lembrade que para responder as preguntas deste 2º bloque debedes enviar un comentario coa resposta a todas elas ou ás que saibades no prazo arriba sinalado. Para enviar o comentario en "Comentar como" debedes seleccionar "Nombre/URL" e escribir o nome do voso equipo no primeiro recadro (o de nome), deixando o resto en branco. É indispensable que figure o nome do equipo para poder puntuar as preguntas.
Recordade tamén que cada equipo só pode realizar un envío.
A puntuación será a seguinte:
- Cada resposta correcta: 5 puntos
- Resposta con 1 falta de ortografía: 4 puntos
- Resposta con máis de 1 falta de ortografía, incorrecta ou fóra de prazo: 0 puntos
As solucións e mais as respostas de todos os grupos, así como a clasificación do 2º bloque da quinta fase do concurso, faranse públicas o domingo 8 de febreiro.
Para resolver posibles dúbidas, consultade as instrucións nesta ligazón.
Para resolver posibles dúbidas, consultade as instrucións nesta ligazón.
As preguntas son as seguintes:
1. Que actor galego
participa na película da directora Iciar Bollaín, producida no ano 2003 e que
podes atopar na nosa biblioteca, sobre
maltrato a mulleres.
2. Indica o título de
tres películas recomendadas por Amnistía
Internacional no seu catálogo sobre
material audiovisual “O meu corpo os meus dereitos”.
domingo, 1 de febrero de 2015
Concurso Odisea e Gran Festa Grega
Este ano participaron no Concurso Odisea 2015 catro equipos do Camballón:
Foi unha semana de intenso traballo buscando respostas que ás veces se nos atragoaban...
Meu dito, meu feito. Puxémonos mans á obra: deseñamos unhas invitacións e repartímolas polas aulas.
Decoramos a biblioteca con carteis
e unha grilanda de benvida para a que escollemos un verso de Virxilio que recolle o tema da Odisea deste ano:
Ademais, un dos equipos concursantes quedou entre os que acadaron a máxima puntuación e participará no desempate do vindeiro mércores.
OLLO DE SAURON (Laura, Brais e Sandra de 4º ESO)
BASILISCO (Marcos, Marina e Tania de 4º ESO)
CALIPSO (Tamara e Carla de 1º BACH)
e ILUSSIA (Alba e Miriam de 1º BACH)
Foi unha semana de intenso traballo buscando respostas que ás veces se nos atragoaban...
pero aprendemos moito e pasamos ratos divertidos...
Tanto, que quixemos compartir esta experiencia con todo o alumnado e profesorado do centro, así que decidimos facer unha festa e aproveitar o día do preguntón para celebrar unha "bacanal" grecolatina na nosa biblioteca.Meu dito, meu feito. Puxémonos mans á obra: deseñamos unhas invitacións e repartímolas polas aulas.
Decoramos a biblioteca con carteis
e unha grilanda de benvida para a que escollemos un verso de Virxilio que recolle o tema da Odisea deste ano:
"Omnia vincit Amor, et nos cedamus Amori"
Montamos unhas crachas con deseños de Carla Castro para agasallar as persoas que acudisen á cita:
Decoramos un muro na entrada con imaxes de Grecia e frases ou versos que nos gustaron de distintos autores e fixemos un photocall coa imaxe de Dióxenes o cínico e o can Lukániko.
Elaboramos algunha receita grega, galletas e madalenas decoradas con letras gregas, compramos unhas pizzas deliciosas, disfrazámonos de roman@s para facer de anfitrións e anfitrioas
E este foi o resultado de tanto traballo e entusiasmo:
Moita sorte Calipso!!!
E aquí tedes o Photocall Clásico do Camballón, a ver se vos atopades!!!
Photocall clásico no Camballón 1 on PhotoPeach
Photocall clásico no Camballón 2 on PhotoPeach
Photocall clásico no Camballón 3 on PhotoPeach
Photocall clásico no Camballón 2 on PhotoPeach
Photocall clásico no Camballón 3 on PhotoPeach
Clasificación 1º Bloque 5ª Fase
As respostas correctas ao 1º bloque de preguntas da 5ª Fase son as seguintes:
1. Que obra da autora Gemma Lienas recoñecida co “ Premio Internacional Unesco 2003 á tolerancia” trata, a efectos de guía subversiva, sobre a situación da muller no mundo actual e nos axuda a descubrir situacións inxustas cando actuamos segundo modelos impostos.
O diario violeta de Carlota/ El diario violeta de Carlota/ El diari lila de la Carlota
2. Que película do 2002 da directora Gurinder Chadha con música orixinal de Craig Pruess nos axuda a ter unha actitude crítica ante determinados roles sexuais e comportamentos sexistas que non favorecen unha relación igualitaria entre persoas? Cóntanos nunha palabra o tema.
Quero ser como Beckham/ Bend it like Beckham
Clasificación
EQUIPO
|
PUNTUACIÓN
POR PREGUNTA
|
TOTAL
PARCIAL
|
TOTAL
FINAL
|
Os nènos
|
5/5
|
10
|
70
|
As venusiñas
|
5/5
|
10
|
66
|
Nosilo
|
5/5
|
10
|
64
|
Morriña
|
5/5
|
10
|
63
|
Chocolota
|
5/0
|
5
|
53
|
Alex Tintor
|
5/0
|
5
|
45
|
Ilussia
|
0/0
|
0
|
44
|
Merengue
Merengue!!
|
0/0
|
0
|
29
|
Los Ma´s
|
0/0
|
0
|
20
|
Zoes
|
0/0
|
0
|
18
|
Zapato
de Cristal
|
0/0
|
0
|
10
|
Galizantes
|
0/0
|
0
|
5
|
Equipo A
|
0/0
|
0
|
5
|
ELINFO
|
0/0
|
0
|
0
|
Funch
|
0/0
|
0
|
0
|
JAN
|
0/0
|
0
|
0
|
MAR
|
0/0
|
0
|
0
|
Marai
|
0/0
|
0
|
0
|
Nap
|
0/0
|
0
|
0
|
Sen nome
|
0/0
|
0
|
0
|
Suscribirse a:
Entradas (Atom)