domingo, 22 de febrero de 2015

Visita de Carlos Negro

"O cerebro como arma de combate" e "Antes arrinco os beizos que darchos de balde" foron os versos que escolleu o alumnado de 4º de ESO. O de 3º, pola súa banda, encargouse de difundir polo centro unha serie de frases da película 3MSC, ademais de colocar un encerado na biblio con outro comentario para que opinase quen quixese, escribindo nel a súa achega. 
E todo isto a que viña? Pois foi parte dos preparativos para a visita de Carlos Negro do 11 de febreiro, que nos viña falar do seu poemario Penúltimas tendencias, co que xa levabamos varias semanas traballando nas clases. Foi chic a visita? Ou mellor sería dicir fashion? Aínda que se cadra foi rabuda... O mellor será que lle preguntedes aos participantes, pero as fotos tamén vos poderán dar algunha pista. E non esquezades que na biblio hai varios exemplares de Penúltimas tendencias agardando por alguén que os desvista...


E tras o "desfile" ante o alumnado de 3º e 4º, a todo gas presentámoslle tamén a Carlos Negro ao de 2º de ESO, que se achegara á súa poesía a través de Makinaria, poemario co que boa parte da rapazada quedou bastante flipada, a pesar de afirmaren algúns que os poetas todos teñen algo raro, nótaselles... Así que para a maior parte deles e delas foi unha dobre primeira experiencia: ler un libro de poesía e coñecer un poeta en vivo. Escoitaron, riron, cantaron (moi ben, por certo), entristecéronse, falaron e ata comeron chocolate!!! Que misterio este dos poetas e a poesía... Grazas, Carlos!

sábado, 21 de febrero de 2015

Visita de Xurxo Mariño


O vindeiro martes 3 de marzo teremos a sorte de compartir unha hora e media do noso tempo lectivo con Xurxo Mariño, viaxeiro, científico e profesor de neurofisioloxía da Universidade da Coruña.




O profesor Mariño chegou hai uns meses dun percorrido por boa parte do noso planeta, que comezou en outubro de 2013, e na súa charla "Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo" falaranos das súas vivencias e das experiencias científicas que acumulou ao longo dese tempo e a través dos espazos descubertos.
Para ir abrindo boca deixámosvos a ligazón ao blog que mantivo durante o seu periplo, onde atoparedes informacións variadas, anécdotas, fotografías, impresións...


Ademais, na nosa biblioteca podedes atopar o seu libro Neurociencia para Julia, co número de rexistro 6351 e a CDU 61/MAR/neu.



A charla vai dirixida ao alumnado de 1º de Bach, 2º e 4º de ESO e comezara ás 12:50 na aula Manuel Dobarro.
Que a desfrutedes!


domingo, 15 de febrero de 2015

Clasificación 1º Bloque 6ª Fase


As respostas correctas ao 1º bloque de preguntas da 6ª fase son as seguintes:


1. Busca na biblioteca e indica o título dunha obra de cada un dos seguintes filósofos: Platón, Aristóteles, Descartes, Hume, Kant, Nietzsche, Ortega y Gasset e Fernando Savater.
Múltiples respostas

2. O problema mente-corpo na filosofía occidental fai referencia á posibilidade de que os seres humanos esteamos compostos dun elemento físico (corpo) e outro espiritual (alma, mente, eu) de natureza completamente diferente. Cal é actualmente a posición maioritaria na neurociencia? Busca información no capítulo 15 do libro titulado Neurociencia para Julia de Xurxo Mariño.
A posición maioritaria é que mente e corpo son a mesma cousa.


Clasificación


EQUIPO
      PUNTUACIÓN POR PREGUNTA       
    TOTAL PARCIAL     
     TOTAL FINAL  
   
Os nènos
4/5
9
84
 Nosilo
5/5
10
79
Morriña
5/5
10
78
As venusiñas
0/0
0
71
Chocolota
0/0
0
58
  Alex Tintor
0/0
0
50
Ilussia
0/0
0
44
Merengue 
Merengue!! 
0/0
0
29
Los Ma´s
0/0
0
20
Zoes
0/0
0
18
Zapato 
de Cristal 
0/0
0
10
Galizantes 
0/0
0
5
Equipo A 
0/0
0
5
ELINFO
0/0
0
0
Funch
0/0
0
0
JAN
0/0
0
0
MAR
0/0
0
0
Marai
0/0
0
0
Nap 
0/0
0
0
Sen nome
0/0
0
0

sábado, 14 de febrero de 2015

Xornada de xogos

No día en que celebramos o Entroido  no centro, a Biblioteca organizou unhas sesións de xogos para o alumnado da ESO, e así foi como o pasaron



Esta é avaliación que fixestes da xornada

lunes, 9 de febrero de 2015

Clasificación 2º bloque 5ª fase


A resposta correcta ao 2º bloque de preguntas da 5ª Fase é a seguinte:

  1. Que actor galego participa na película da directora Iciar Bollaín, producida no ano 2003 e que podes atopar na nosa biblioteca, sobre maltrato a mulleres.

          Luís Tosar/Luis Tosar


Clasificación


EQUIPO
PUNTUACIÓN POR PREGUNTA
TOTAL PARCIAL
TOTAL FINAL
Os nènos
5
5
75
   As venusiñas
5
5
71
Nosilo
5
5
69
Morriña
5
5
68
Chocolota
5
5
58
  Alex Tintor
5
5
50
Ilussia
0/0
0
44
Merengue 
Merengue!! 
0/0
0
29
Los Ma´s
0/0
0
20
Zoes
0/0
0
18
Zapato 
de Cristal 
0/0
0
10
Galizantes 
0/0
0
5
Equipo A 
0/0
0
5
ELINFO
0/0
0
0
Funch
0/0
0
0
JAN
0/0
0
0
MAR
0/0
0
0
Marai
0/0
0
0
Nap 
0/0
0
0
Sen nome
0/0
0
0