sábado, 7 de noviembre de 2015

Samaín no Camballón

O venres celebramos no centro o Samaín, festividade de orixe celta, un tempo de tradicións e festa, e sobre todo de medo, de moito... medo.
Na entrada do centro tiñamos a un invitado especial, presentándonos unha colección de libros e películas de medo. Por unha banda, propuxemos un concurso de decoración por parte do alumnado das distintas aulas
Por outra banda, elaboramos un recetario de cociña con productos típicos desta época como son: cogumelos, castañas, noces e cabazas. Neste proxecto da Biblioteca colaboraron os departamentos de Lingua galega, Lingua Castelá, Francés, Inglés e ITI.


 Tamén tivo lugar unha xornada de xogos e rematamos cunha degustación de castañas.

O alumnado de 2º de Bacharelato e 4º de ESO elaboraron unha recopilación de epitafío

viernes, 6 de noviembre de 2015

Regueifando na Biblioteca Ánxel Casal

 IES Maximino Romero, de Baio, e o IES Marco do Camballón, de Vila de Cruces presentamos o dia 5 de novembro en Santiago de Compostela, o “Proxecto Regueifesta”, dentro das Xornadas de Tradición Oral da Biblioteca Anxo Casal. Este proyecto ten como obxectivo a creación dun proceso innovador de participación da Comunidade Escolar no coñecemento, valoración e práctica da regueifa como impulso de normalización linguística.
A regueifa, forma tradicional de improvisación oral, ten un importante potencial lúdico e unha alta capacidade para desenvolver habilidades linguísticas, musicais, comunicativas e sociais.
Esta forma tradicional do noso patrimonio inmaterial, chegou a nós grazas á transmisión oral. Este proxecto pretende activar e difundir a regueifa entre a xente nova, mediante un proceso de participación sociocultural, interxeracional e interterritorial a través das novas tecnoloxías.
O Proxecto Regueifesta, alén do obxectivo de normalización da lingua, desenvolve outras competencias educativas de interese: música, literatura, igualdade de xénero, interculturalidade, coñecemento do medio...
O proxecto desenvolverase a través dunha dinámica cotiá no uso das redes sociais no proceso desocialización.
 A xornada completouse coa visita ao Museo do Pobo galego.

sábado, 31 de octubre de 2015

Semana da Biblioteca

Durante a semana pasada estivemos celebrando no centro a Semana da Biblioteca. Comezamos entregando os títulos de Voluntariado na Biblioteca escolar, así como unha libreta, as voluntarias do curso pasado.


Quixemos que fose unha semana doce en lecturas e demos aos lectores un chupa e un pequeno agasallo.
E que mellor semana para saber que opinaban da Biblioteca? Este foi o resultado

sábado, 24 de octubre de 2015

Día da Biblioteca

Este ano algunhas das alumnadas de 2º de Bacharelato, que son colaboradoras e/ou que están no Club de Lectura, quixeron adicar uns intres do seu tempo para renderlle unha pequena homenaxe o lugar que, sen dúbida, máis visitan no seu paso polo centro: a Biblioteca.

Grazas a Carla, Alba Ramos, Belén, Silvia, Carmen, Alba López, Bárbara e Tamara por este fermoso traballo.

Contigo aprendín...



martes, 20 de octubre de 2015

Visita de José Ramón Pichel


 
Tanto Club da lingua como a Biblioteca temos que agraceder a presenza de José Ramón Pichel de "Imaxin, Factoria de Software e Multimedia",    que nos falou sobre:  a lingua dos teléfonos, as linguas dos tradutores automáticos, as linguas da Pedra Roseta, a lingua de Cristiano Ronaldo e de Neymar, as nosas linguas....e, sobre todo, explicounos porque, para moita xente, galego e portugués a mesma lingua é.
Moitas grazas!


viernes, 9 de octubre de 2015

Sesión inaugural do Club de lectura





Onte tivo lugar na aula Manuel Dobarro a sesión inaugural do Club de lectura para o presente curso 2015-16. 
Lucas, o coordinador, explicou como se ía traballar, horarios, profesorado implicado, a distribución dos grupos e as actividades que se pretenden levar a cabo.
Boas lecturas!!