viernes, 27 de enero de 2017

Xornada de Sensibilización de lingua de signos

Hoxe recibimos a visita da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, a petición de CMAPS.
Unha persoa xorda, acompañada de varias intérpretes de lingua de signos, realizou unha sesión de sensibilización para mostrar ao alumnado de 1º de ESO as dificultades de integración.
Co alumnado do ciclo APSD realizaron unha tarefa de profundización na lingua de signos e sobre como mellorar a súa tarefa profesional nun contorno de usuarios con esta diversidade funcional.



Decoración funcional

O alumnado de 1º TAPSD,  acaban de realizar unha actividade onde deben poñer en funcionamento todas as súa neuronas para crear un elemento decorativo que serva para algo máis que ambientar o espazo. Debe ser algo sinxelo pero práctico.


jueves, 26 de enero de 2017

Visita a Compostela

No día de hoxe, tivemos unha xornada moi especial polo alumnado de 2º Bacharelato e de 1º de ESO, xa que os maiores do IES foron os encargados de impartir unha clase de Historia do Arte na fachada de Platería da Catedral compostelana. Marina e Brais fixeron unha presentación de diferentes relatos e/ou personaxes bíblicos ao alumnado de 1º de ESO.
O alumnado de 2º de BAC explicou o Pórtico da Gloria e visitou as cubertas da Catedral, a Facultade de Xeografía e Historia e o Museo das Peregrinacións.
Os de 1º de ESO percorreron a zona vella. Foron ata a Porta do Camiño subiron pola rúa Casa Reis buscando os distintos escudos, pasando polo iglesia das Ánimas o arquivo da Universidade ata o Plaza de Cervantes. Visitaron o Arco de Mazarelos e despois dirixíronse a Quitana para poder ver a de Vivos, a de Mortos e a Porta Santa. Tamén estiveron no Obradoiro e na Plaza da Acibechería. Posteriormente foron a Vista Alegre ao museo de Historia Natural da Universidade.

martes, 24 de enero de 2017

Semana Escolar da non violencia e a Paz

A Biblioteca do Marco do Camballón pon a disposición de todos os usurarios unha serie de material para traballar a Paz e a non violencia escolar. Elaboramos esta guía que pode ser útil.


As titorías en colaboración coa Biblioteca están elaborando o mural deste ano. Asemade o alumnado de 3º de ESO un mannequin challenge empregando como fío conductor unha frase de Buda  Gautama sobre a Paz:"A paz é o resultado de moitas actitudes, todas estas fundamentadas precisamente na caridade, non entendida como limosna, senon como amor".


Deixamos un ligazón a unha unidade didáctica de  Enrédate para traballar

lunes, 23 de enero de 2017

Nosa. Axencia Espacial Escolar Galega

O 20 de xaneiro, o alumnado de 4º ESO e 1º BAC do IES Marco do Camballón participou na sesión de constitución da "NOSA. Axencia Espacial Escolar Galega", no marco do congreso científico MarumaSat I celebrado en Ordes (A Coruña). En dito acto participou tamén o alumnado do IES Maruxa Mallo (Ordes) e IES Miraflores (Oleiros).
No congreso, o alumnado coñeceu o proxecto MarumaSat, desenvolvido o curso pasado no IES Maruxa Mallo, consistente no deseño, construción e lanzamento dunha sonda á estratosfera co obxectivo de tomar imaxes da Terra e a fronteira do espazo, así como datos científicos para seren analizados tras a aterraxe.
No acto do 20 de xaneiro, os tres institutos formalizaron a constitución dunha axencia espacial que dea continuidade aos lanzamentos e recollida de datos científicos sobre a Terra e capas altas da atmosfera.
Na sesión votouse vía telemática o nome para axencia espacial entre varias propostas, resultando NOSA como o nome escollido.


jueves, 19 de enero de 2017

Programa de Titoría entre Iguais

Este programa é unha proposta da Consellería de Educación como medida para mellora da convivencia e prevención do Acoso Escolar nos centros educativos de Galicia. O noso centro, como todos os IES da comarca do Deza, poñen en funcionamento esta iniciativa.