miércoles, 15 de febrero de 2017

Concurso Odisea


Dos 309 equipos galegos que participaron no concurso Odisea, dous do noso centro quedaron na primeira posición: Os espartanos e Os poderosos. Pero aos demais non lles foi mal, quedaron nos postos 10, 12, 14, 92 e 229.

Parabéns a tod@s, bo traballo!!!

Este mércores Os Espartanos librarán a batalla polo podio con outros catro equipos de Valga, Chantada, Muros e Ferrol.
Que atenea e Minerva lles sexan favorables!



martes, 14 de febrero de 2017

Dillo cun doce

No día de hoxe,  moitas das persoas, que forman parte da comunidade educativa, do IES Marco do Camballón foron agasallados cun libro, un poema e un doce. O traballo de cociña está elaborado polo alumnado de 1º de TAPSD dentro do módulo de Apoio Domiciliario.




2017-02-14 Dillo cun doce - Kizoa Editar Videos - Movie Maker>

  O  alumnado de 1º ESO elaborou un xogo que consiste en emparellar canción se amor en inglés.a ver se somos capaces de conseguilo!!


domingo, 12 de febrero de 2017

WEST SIDE STORY

Hoxe o alumnado de 2º ESO estivo no Auditorio de Galicia para ver a adaptación para marionetas de West Side Story, do universal tema do amor imposible, impedido pola distinta procedencia, clase social, cultura, raza... dos dous amantes, presente en clásicos como Romeo e Xulieta.
 Os protagonistas deste amor ideal son María e Toni do circo de Don Attilio. A banda sonora da pieza foi composta por Leonard Berntein e foi interpreta pola Banda Municipal de Santiago.                             
Completaron a viaxe cunha visita cultural polo casco antigo de Compostela.

viernes, 10 de febrero de 2017

Primeiros Auxilios

O Departamento de FOL organizou na xorndad de hoxe,para todo o alumnado dos dous ciclos formativos, unha sesión teórico-práctica de Primeiros Auxilios a cargo da Cruz Vermella na aula Manuel Dobarro. Estiveron traballando: Conducta PAS, principais accidentes no traballo, reanimación coardiopulmonar e información do funcionato do desfribilador semiautomático.


domingo, 5 de febrero de 2017

Odyssea Certamen


Hoc anno MMXVII, a die Lunae postridie Nonas Februarias usque ad diem Iovis ante diem V Idus Februarias, septem turmae discipularum et discipulorum linguae Latinae et Humanitatis Classicae Lycei "Marco do Camballón" aderunt in certamine optimo Odyssea quod de rei publicae administrandae rationibus apud veteres Romanos Graecosque aget.

Nomina turmarum sunt:
CERBERUS
Aarón Senande Alonso, David Quintela Pérez, Adrián García Torres
 (3º ESO)
DÉDALO
Margarita Rey Cea, Rubén López García (3º ESO)
OS ESPARTANOS
Diego Asorey Carreira, Isaac Nicolás Datorre Espigó (3º ESO)
EL_DIEGUS
Manuel Taboada González, Adrián Iglesias Vázquez (4º ESO)
IX HISPANA
Carme María Pampín Torres , Roi Guzmán Gómez, ÁLvaro Rey Silva (4º ESO)
LOCOS AGUSTI
Jesús Calviño Ruiz, Rosalía Puga Méndez, Sonia Ares Prieto (4º ESO)
OS PODEROSOS
Nerea Ferreiro Leiro, Óscar González Pena, María Seijo Delgado (4º ESO)
Athenam Minervamque obtestor,
ut hoc iter vobis prospere bene feliciterque eveniat!

Sint nobis laeti dies navigationis!!!


jueves, 2 de febrero de 2017

Visita de Elena Gallego. Dragal

 Hoxe visitounos Elena Gallego, actividade que forma parte dun proxecto impulsado pola Secretaría Xeral de Política lingüística titulado Dragal e no que participan de xeito activo 6 centros de Galicia, entre os que se encontra o Marco do Camballón.
Elena é a autora de 4 libros polos que nos reunimos aquí. Aínda que naceu en Teruel, está afincada en Galicia dende a infancia e comparte a tarefa de escritora coa de xornalista.



E estes son os finais que o noso alumnado fixo do libro de Elena Gallego