Onte visitouno Alberto, membro da asociación Ultreia Santiago, a que lles falou ao alumnado de 3º e 4º de ESO sobre a identidade de xénero e aclarou dúbidas respecto a este tema.
martes, 23 de mayo de 2017
Ultreia
jueves, 18 de mayo de 2017
Sesión avaliación TEI
Na xornada de hoxe tivo lugar unha nova xornada de TEI para facer unha avaliación conxunta entre o alumnado de 1º e 3ºESO sobre a Titoría entre iguais. Estivemos facendo varias actividades e aqui podedes ver unha mostra dalgunha delas.
sábado, 13 de mayo de 2017
Regueifesta
Onte tivo lugar no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, o II Encontro Regueifesta. É un Proxecto educativo inovador que está a impulsar a improvisación oral en verso no ámbito educativo. O proxecto está impulsado polos instituto de Baio e Cruces. Neste encontro participaron 20 centros e un total de mil alumnos e alumnas de todo Galicia así como do IES Arratia do País Vasco.viernes, 12 de mayo de 2017
Igualdade de Xénero
A Asociación sociocultural Dinamo impartíu no noso centro un taller sobre a Igualdade de xénero. Alternábanse sesións sobre o coñecemento do tema, prexuízos, esteriotipos de xénero ... co distintas dinámicas.
Carlos Casares
En homenaxe a Carlos Casares sacamos ao corredor as súas obras.
martes, 9 de mayo de 2017
Casares tamén dende o móbil
O Departamento de Lingua galega e literatura do noso centro acaba de publicar un xogo sobre Carlos Casares, o autor ao que se lle dedica o Día das Letras deste ano. Foi elaborado a partir de preguntas do alumnado de 1º de bacharelato, que tamén colaborou na parte gráfica.
Para xogar utilízase a aplicación kahoot e precísase un móbil, unha tableta ou un ordenador con conexión á rede e alguén con que xogar; aínda que tamén pode xogar unha persoa soa se dispón dun ordenador e dun móbil ou tableta, por exemplo. O xogo ten dúas partes de 13 preguntas cada unha e pódese acceder directamente a elas desde as seguintes ligazóns: Carlos Casares (1) e Carlos Casares (2)
Xa podedes comezar a aprender sobre este autor e/ou ampliar o que sabedes sobre el. E non esquezades que na biblioteca temos un amplo surtido da súa obra!
Etiquetas:
Carlos Casares,
Letras Galegas 2017,
Lingua Galega
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)