Os tendais no Camballón seguen medrando e expandindo polos corredores do centro. O alumnado está traballando a reo por unha boa causa, aqui expoñemos algunhas das creacións que seguen chegando a biblioteca.
O alumnado de Fp Básica estivo hoxe na praza do concello para promocionar e botar a andar o proxecto A miña horta é túa, proxecto no que colaboramos coa Fundación Baiuca Verdescente.O alumnado fará unha toma de contacto coa poboación para poder animar á xente á que sexa voluntaria do proxecto.
O proxecto ten que ver coa recollida de excendentes de hortas que teña a xente particular e poder doar estes excedentes como produtos frescos a persoas que o precisan, ou que son usuarias da recollida de alimentos.
Este proxecto xa se leva a cabo en Silleda dende hai uns anos, pero este ano ponse a andar en Vila de Cruces.
Ao
longo das dúas últimas semanas, o alumnado da ESO e FPB participou
nunha serie de talleres, impartidos
pola asociación Nós Mesmas.
Conscientes
de que a diversidade é unha realidade nos distintos ámbitos e aspectos
da vida, e da importancia do respecto, visibilización e normalización
como garantes da convivencia, no centro seguimos apostando por dar a
coñecer as distintas realidades para favorecer o seu coñecemento e
aceptación.
Nas
sesións afondouse sobre as distintas identidades e orientacións
sexuais, a diferencia entre sexo e xénero, os esterotipos de xénero, a
prevención do acoso lgtbifóbico e o papel da mocidade como motor de
cambio. Asemade, en 4º da ESO e Formación Profesional Básica, ademais do
anterior, profundizouse no aspecto histórico que sustenta a realidade
LGTBI tal como a coñecemos hoxe en día e que fixo posible que se
lograran avances na igualdade de dereitos das persoas do colectivo, se
ben aínda queda camiño por percorrer.
As creación do alumnado do Camballón xa está encendo os tendais da Biblioteca e dos corredores, aquí tedes algunhas delas, por se vos animades a mercar algunha. O obxectivo final é vender o maior número de bolsas para recadar
fondos que serán enviados a Ucraína en forma de material sanitario.