jueves, 18 de enero de 2024

Obradoiro de Motivación e Autoestima




Ao longo de varias sesións, o alumnado de Formación Profesional Básica desfrutou dun obradoiro de motivación e autoestima, adquirindo aprendizaxes intrapersoais e interpersoais mediante dinámicas e xogos educativos. Foron unhas sesións moi produtivas e amenas, nas que a reflexión final é que podemos conseguir grandes logros, sempre que nolo propoñamos e nos esforcemos por alcanzalos!


lunes, 15 de enero de 2024

Premios Galegos de Regueifa 24




Na terceira edición dos Premios Galegos de Regueifa 24 que tiveron lugar en Carvallo o día 13 de xaneiro de 2024: Dani, Manuel, Miguel, Marta, Tizi, Helena, regueifeirxs dende Camballon, acadaron un premio. Parabéns rapazas e rapaces!!

sábado, 13 de enero de 2024

Reutilizar materiais


Como podemos facer  unha estufa que era decorativa, asemelle a ser calefactora ou a partir dunha lima... mirade que se pode facer, se vos fixades ben podedes ver mostras da lima

 



sábado, 23 de diciembre de 2023

Regueifa tour


 No día de ontevtivo lugar nas Cruces unha emocionate festa onde tivo lugar un atranque dos Xenerais do Ulla improvisado. Acudiron ex alumnas no centro e grandes regueifeiras como son Nuria Penas e Lorena Medela


 

Fixéronse dous grupos de regueifeiras e regueifeiros e presentaron o enforntamento entre dous exércitos. A un lado o Exército Popular Galego e enfronte o Exército Francés como sucedera na batalla de Ponte Ledesma.



Nesta festa tamén tivo lugar unha homenaxe a Xosé Casal gran músico do Concello e gran actor que representou durante varias temporadas a Atilano, un esquelete acompañado da súa trompeta, que cando a facía soar non auguraba nada bo. Neste caso o papel de Atilano representábao Xabi de 4º ESO


viernes, 22 de diciembre de 2023

A mediación está de volta!

Atención, atención! 

A mediación está de volta!

 Un curso máis seguimos a traballar na mediación. Nesta ocasión retomamos o traballo do profesorado do equipo de mediación, e a que non sabedes....xa fixemos algunha cousiña moi produtiva! Acondicionouse un espacio como aula de mediación e xa se realizou algunha intervención con alumnado en conflito, a fin de contribuír ás boas relacións e clima nas aulas. Polo momento vaise recollendo algún froito!

Asemade, estamos a facer máis sinxelo o proceso e adaptando os documentos do protocolo para que o proceso sexa máis rápido e operativo. Tamén comezamos a intervir en 1º da ESO nas titorías, para traballar en convivencia e resolución de conflitos e que coñezan a mediación, o que comenzamos con unha dinámica sobre as etiquetas e prexuízos.


Seguiremos a traballar nos próximos trimestres, co obxectivo de que tamén o alumnado participe activamente como mediador e contribuír á expansión da cultura da mediación.

Nadal solidario

Dende o centro organizamos o Nadal solidario, unha iniciativa consistente na doazón de alimentos non perecedoiros e/ou xoguetes usados en bo estado para axudar ás familias que o necesitan do Concello. Hoxe, o persoal de Servizos Sociais achegouse ao centro para recoller as doazóns, coas que facer un Nadal máis agradable a algunhas persoas.

Grazas a aquelas persoas que aportaron un grao de area! De seguro a súa humanidade xerará sorrisos!