sábado, 30 de abril de 2022

Mediación e prevención de acoso escolar

 
Servímonos nesta ocasión da dinámica de cohesión grupal "Mundo de cores" para reflexionar sobre a exclusión social, enlazando o tema co acoso escolar e a importancia da súa prevención.

Despois do xogo, conversamos sobre o acoso escolar, os distintos tipos de acoso (físico, psicolóxico, social....), as consecuencias e os papeis das distintas persoas que interveñen (persoa acosada, acosadora e espectadores activos e pasivos), incidindo na importancia de intervir e adoptar un compromiso firme co apoio á vítima e a denuncia destas situacións por parte dos espectadores/as. 

Sen dúbida, sementar a cultura da mediación no centro favorece a mellora da convivencia e polo tanto axuda a previr as situacións de acoso escolar. Seguiremos traballando nelo!

viernes, 29 de abril de 2022

Mediación e estilos de comunicación

Traballamos as habilidades sociais e estilos de comunicación (agresivo, pasivo e asertivo), mediante a dinámica grupal "xinetes e cabalos", que nos servíu para reflexionar sobre a importancia de ter empatía cos demais, do trato que lles brindamos e de expresarnos con asertividade, o que repercute positivamente nas relacións interpersoais.  

Deste xeito, mediante dinámicas e xogos, seguimos aprendendo conceptos básicos e moi útiles para a mediación escolar, pero tamén no noso día a día.

jueves, 28 de abril de 2022

miércoles, 27 de abril de 2022

Encontro de mediación

 A semana pasada volvemos reunirnos o profesorado e alumnado do equipo  de mediación.

Desta volta xa estabamos todos/as e unha vez que nos puxemos ao día, seguimos argallando nas nosas ideas, pois estamos a traballar na creación dun logo do equipo de mediación do centro e tamén sobre un vídeo para dar a coñecer esta forma de resolución de conflitos.

Esperamos poder ensinarvos pronto os nosos proxectos!


 

martes, 26 de abril de 2022

A Radio Galega no Camballón



 Belén Regueira e Manolo Palmeiro, da Radio Galega, estiveron no Marco do Camballon entrevistando alumnado e profesorado sobre o proxecto "O poeta que baila". Que ben falou o alumnado!  Uxía e Xurxo falaron sobre Florencio Delgado Gurriarán. Ainara e Aldara falaron sobre o baile que estamos a ensaiar sobre o tema con Xabier Díaz.


Lecturas en Cerdeiriñas

 

 
Hoxe o alumnado do Camballón pasou unha mañá moi animada no CEIP de Cerdeiriñas co alumnado de Educación Infantil. Ademais de compartir lecturas tamén compartiron xogos e conversas!!

Moitas grazas o Equipo da Biblioteca de Paco Lareo por convidarnos pasar unha horas con vós.