viernes, 30 de septiembre de 2022

Club de lectura



Primeira sesión do Club de lectura de Inglés coordinado por Adrián. Reuníronse na aula do alumnado e escolleron o libro co que van a comezar.

Happy reading!!

 


jueves, 29 de septiembre de 2022

Voluntariado na biblio


Xa comezaron a traballar os voluntarios e voluntarias da biblioteca.


Este ano temos un grupo de 17 alumnos e alumnas que realizará tarefas durante os recreos. Entre as tarefas das que se van encargar están o préstamo e colocación de libros, supervisión da aula do alumnado, difusión de actividades e elaboración de pancartas e carteis.

Moitas grazas por colaborar con nós!!!

miércoles, 28 de septiembre de 2022

Saída a Catoira

Onte estivemos de excursión en Catoira. O alumnado de 2 de Bacharelato que cursa a materia Xeografía e Historia de Galicia realizou unha visita guiada polo entorno do río Ulla que incluiu os lugares máis interesantes do concello. As Torres de Oeste, o centro de activación cultural CACTO, os muiños de Abalo e a lagoa de Pedras Miudas foron algúns dos enclaves visitados. Damos as grazas ao noso guía, Polo, que transmitiu a súa paixón pola historia e o patrimonio de Catoira e a Ana que explicou os tesouros agochados no CACTO. Un día para lembrar...



martes, 27 de septiembre de 2022

Proxecto Universo: Bellatrix



Comezamos a recibir fotos da decoración das aulas do centro. O alumnado de 2º de Bacharelato elexíu a estrela Bellatrix. Está chula, verdade? Se aínda non empezastes a decorar a vosa aula para o proxecto Universo pasade pola biblioteca durante a hora de titoría. Temos moito material para deixala espectacular e gañar o concurso. A que esperades?


lunes, 26 de septiembre de 2022

Arranca o club de lectura

Arranca el Club de Lectura, en algún curso xa elixíu libro e noutros casos está en proceso. Estas son algunhas das lecturas que están a realizar. Este ano volvemos a ter Club de lectura de Adultos, temos club de inglés, de manga e o de club por cursos.

jueves, 22 de septiembre de 2022

Formación Ciclo de Solca

Hoxe  tivo lugar a formación de alumnado de 1º do ciclo de Solca. Estiveron con Susana, a coordinadora da Biblioteca, que lle explicou o funcionamento, distribución e actividades que se organizan dende a biblioteca.