lunes, 28 de octubre de 2024

Hoxe visitamos a Neira Vilas


O alumnado de 1º da ESO visitou, este venres, a Biblioteca Municipal. Elsa, a súa coordinadora, explicounos o funcionamento do préstamo así como o acceso ás salas de lectura e aos ordenadores. Tamén coñecimos o

proceso que segue un libro dende que chega á biblioteca ata que o podemos levar en préstamo. O alumnado que non tiña carné deixou un formulario cuberto para poder obtelo e ter acceso aos materiais da biblioteca.



jueves, 24 de octubre de 2024

Día das Bibliotecas



 Hoxe celebramos o Día das Bibliotecas. O alumnado de 1º de ESO participou nun xogo de pistas polo centro. Tiveron que buscar libros perdidos e películas misteriosas; investigar lugar agochados e resolver moitos enigmas!!















lunes, 21 de octubre de 2024

Novidades na biblio


Hoxe Alejandra e Cris foron as encargadas que dirixir un novo programa de Radio onde nos falaron das novidades que a biblio adquiriu nesta segunda quincena de outubro e que tedes a vosa disposión no expositor da entrada. Grazas!!



 

domingo, 20 de octubre de 2024

Alumnado do Camballón, formadores de regueifa en Xinzo de Limia.

Cinco alumnos e alumnas do Camballón viaxaron a Xinzo de Limia para impartir dous obradoiros de regueifa e improvisación oral nos institutos Cidade de Antioquia e Lagoa de Antela. 


O alumnado do Camballón impulsa un proxecto que deron en chamar "RegueiNovxs" para dinamizar a regueifa entre a xente nova e vincular a lingua galega coa tradición e a modernidade.

Nos obradoiros explicouse a orixe da regueifa ou a importancia da poesía oral no entroido do Ulla. Así realizaron unha mostra dun atranque improvisado ao xeito dos xenerais de Merza.

Despois de explicar a técnica da improvisación en verso, fixeron varios xogos de improvisación e animaron a improvisar ao alumnado de Xinzo que deu os seus primeiros pasos regueifando.







viernes, 18 de octubre de 2024

Os coidados empezan por nós


Durante este curso traballamos os Coidados. Na primeira avaliación centrarémonos nos coidados persoais, e que mellor que Raquel Romero para falarnos da importancia da alimentación como base para o noso benestar. 

Analizamos os tipos de alimentos e a pirámide alimenticia. Raquel insistiu moito na importancia do almorzo para ter un bo rendemento nas aulas. Moitas grazas Raquel pola túa visita, foi unha sesión moi interesante!!



Analizamos os tipos de alimentos e a pirámide alimenticia. Raquel insistiu moito na importancia do almorzo para ter un bo rendemento nas aulas. Moitas grazas Raquel pola túa visita, foi unha sesión moi interesante!!







jueves, 17 de octubre de 2024

Canta Mola



 Inaguramos a expo "Canta-Mola en galego", sobre a nosa música do século XXI. Está xenial para coñecer o movemento musical tan potente dos últimos anos!.

A exposición cedéunola o Concello de Pontevedra.