viernes, 18 de marzo de 2011

EL VAGÓN DE LAS MUJERES


Akhila, muller de corenta e pico anos, solteira, e de quen dependeu sempre a súa familia, sente un repentino impulso de fuxir de todo. No vagón dun tren que atravesa a India en dirección ao sur, encóntrase con outras cinco viaxeiras coas que comparte confidencias.
Janaki (nai confundida), Margaret(profesora de química cun home tiránico), Prabha (sumisa muller que busca a súa verdadeira identidade); Sheela(moza de catorce anos que entende os últimos desexos da súa avoa mellor que ninguén); Marikolanthu(viveu máis experiencias que todas elas xuntas) e Akhila, que espera que as súas historias cambien a súa vida. Seis persoas que se encontran para descubrir o amor, o matrimonio, a familia, a amizade e eo traballo na India

No hay comentarios:

Publicar un comentario