jueves, 14 de abril de 2011

SUNSET PARK

Conta a historia de Miles Heller, un xoven de 28 anos, que con vinte rompeu todos os vínculos que o unían ao mundo que coñecera ata entón. Abandonou a universidade, deixou unha breve nota de despedida para os seus pais e marchou de Nova York e ninguén sabe nada del.
Estivo en sitios casi marxinais e oficios pouco cualificados, movéndose sempre nun sombrío espazo. Agora vive en Florida e ten un emprego nunha empresa de servizos para as entidades bancarias da localidade.
Miles non ten ambicións, vive co mínimo e relaciónase con moi poucas persoas, sen desexos ata que coñece a Pilar, menor de idade, coa que comeza unha relación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario