miércoles, 8 de junio de 2011

LO QUE ESCONDE TU NOMBRE

Sandra decidiu retirarse a un pobo da costa levantina: deixou o traballo e, embarazada, pasa os días tentando aprazar a decisión de que facer coa súa vida. Na praia coñece a un matrimonio de octoxenarios noruegueses que parecen a solución aos problemas de Sandra.

Julián, un ancián que acaba de chegar de Arxentina, sobrevivente do campo de exterminio de Mauthausen, segue paso a paso as idas e vindas dos noruegueses. Un día Julián aborda a Sandra e revélalle detalles dun pasado que a Sandra só lle soan por algunha película ou algún documental: horrores en branco e negro que non teñen nada que ver con ela. Aínda que o relato de Julián parécelle a Sandra desatinado, empezará a mirar dunha forma nova aos amigos, as palabras e os silencios da parella de anciáns, sen darse conta de que o fin da súa inocencia está a pór a súa vida en perigo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario