viernes, 18 de noviembre de 2011

OJOS DE AGUA


Luís Reigosa, apareceu asasinado cunha crueldade que apunta a un crime pasional. Con todo, o músico morto non mantén unha relación estable e a casa, limpa de pegadas, non mostra máis que partituras ordenadas nos estantes e saxofones colgados nas paredes.
Leo Caldas, un solitario e melancólico inspector de policía que compaxina o seu traballo en comisaría cun consultorio radiofónico, farase cargo dunha investigación que lle levará da bruma do anoitecer ao fume das tabernas e os clubs de jazz. Ao seu lado está o axudante Rafael Estévez, un aragonés demasiado impetuoso para unha Galicia irónica e ambigua, e mesmo demasiado impetuoso para o propio Leo, que busca entre sorbos de viño as pantasmas ocultas nos demais mentres tenta sobrevivir aos seus.
Grazas ao labor deste singular tándem Caldas-Estévez a verdade termina por aflorar, levándonos a desentrañar o segredo que esconden os Ollos de auga.

No hay comentarios:

Publicar un comentario