martes, 31 de enero de 2012

EL CIELO ESTÁ EN CUALQUIER LUGAR



Lennie Walker ten dezasete anos e vive co seu tío, Uncle Big, e a súa avoa, Gram, e perdeu á súa irmá maior, Bailey, hai pouco menos dun mes, falecida repentina e inesperadamente debido a un problema cardíaco cando preparaba a súa voda con Toby Shaw, o seu noivo de toda a vida; moi avanzado o libro saberase que morreu embarazada. A nai de Lennie e Bailey, Paige, abandonounas fai moito; a familia vive das flores que cultiva Gram e dunha empresa informal de catering na que Lennie prepara lasañas. Lennie é, ademais, unha dotada clarinetista e unha lectora fervente e continua de Emily Brontë (leu Cumes Borrascosas vinte e tres veces).

No hay comentarios:

Publicar un comentario