miércoles, 1 de febrero de 2012

LEONORA

Leonora estaba destinada a crecer como a rica herdeira dun magnate da industria téxtil, pero desde p equena soubo que era diferente, que a súa capacidade de ver o que outros non vían, convertíaa en especial. Desafiou as convencións sociais, aos seus pais e mestres, e rompeu calquera atadura relixiosa ou ideolóxica para conquistar o seu dereito a ser unha muller libre, persoal e artisticamente. Leonora Carrington é hoxe unha lenda, a máis importante pintora surrealista, e a súa fascinante vida, o material do que se nutren os nosos soños. Leonora viviu a máis turbulenta historia de amor co pintor Max Ernst. Con el mergullouse no bulebule do surrealismo, e relacionouse en París con Salvador Dalí, Marcel Duchamp, Joan Miró, André Breton ou Pablo Picasso; por Max toleou cando foi enviado a un campo de concentración.
A Leonora confinoulla nun manicomio de Santander, do que escapou para conquistar Nova York da man de Peggy Guggenheim. Instalouse en México e alí culminou unha das obras artísticas e literarias máis singulares e xeniais. Non é a primeira vez que Elena Poniatowska retrata como ninguén a unha muller excepcional. A incrible vida de Leonora Carrington é, nas súas mans, unha aventura apaixonante, un berro de liberdade e unha elegante aproximación ás vangardas históricas da primeira

No hay comentarios:

Publicar un comentario