lunes, 6 de febrero de 2012

MUERTE EN EL PRIORATO

Iker suspendeu a materia de Cultura Clásica e ten que estudar durante o verán, por tanto non poderá practicar montañismo en Huesca, coa súa cuadrilla, tal e como pensara.
Iker vai cos seus pais a unha casa rural chamada O Priorado, nunha zona tranquila da Rioxa; alí, aínda por riba de males, descobre entre os hóspedes ao señor Apraiz, o profesor que lle suspendeu. As pequenas vacacións preséntanse terribles para o mozo. Menos mal que pronto se fai moi amigo de Aleix e Sara, fillos de Maika e Pablo, os donos da casa
rural, e todo empeza a ser máis divertido, pois sospeitan que pode haber unha pantasma no faiado.
A estraña morte na casa rural dun dos seus hóspedes, dona Rosalía, converte aos mozos en investigadores de tan desagradable suceso. As fotos antigas de Lida, a avoa de Aleix e Sara e amiga de toda a vida de Rosalía, proporcionaranlles pistas respecto da personalidade da falecida e as súas relacións co profesor Apraiz e cos outros hóspedes aos que Iker considera sospeitosos: todos son amigos de mocidade que volven cada verán ao Priorado.
Ao final, despois de interpretar moitas pistas falsas, descóbrese que o cancro foi o auténtico «asasino» da anciá.
As vacacións terminan para Iker e hai que regresar a Vitoria. O mozo está decidido
a contar o que viviu. E disposto tamén a aprobar a materia que lle faltaba.

No hay comentarios:

Publicar un comentario