viernes, 13 de abril de 2012

EXOGAMIA 0.3


Libro de Ramón Caride onde se narra que John Brockman sosten que a ciencia a única noticia, o único verdadeiramente novidoso que hai hoxe sobre a Terra. Na ciencia sempre hai algo novo: a internet, as celulas-nai, as vacinas contra a SIDA, as probas de ADN, os avances contra o alzheimer, a loita contra o cambio climático. Ningunha empresa ten o monopolio dos números. Ningunha nación ten a soberanía sobre a adenina e a guanina. Ningún imperio goberna a astrofísica ... Hoxe debe haber sitio para todos na celebración do coñecemento, unha verdade que non se pode vender nin mercar nin impoñer pola forza, nin conter nin evitar.  Exogamia 0.3 son media ducia de relatos, non estritamente literarios, suxestivos e non pechados, que permiten abrir un debate necesario sobre algúns dos temas candentes do noso tempo, cuestións nas que a ciencia é protagonista, problemas decisivos para a humanidade aos que ningún pode quedar alleo.





No hay comentarios:

Publicar un comentario