jueves, 28 de febrero de 2013

OPERACIÓN GLADIO

Unha xornalista realiza unha serie de entrevistas con personaxes crave da Transición española. A medida que avanza na súa investigación vai descubrindo unha verdade contraria á oficial: quen estaban detrás do GRAPO, que prezo pagaron os comunistas pola súa legalización, por que se impediu que os xuíces chegasen até os auténticos inspiradores da matanza dos avogados da rúa Atocha, que papel xogou en espionaxe norteamericana neses momentos?Mentres, unha arqueóloga e unha xuíza buscan os restos dun home que desapareceu en decembro de 1940, un impresor afiliado ao partido comunista que traballou na publicación de revistas nas que colaboraban escritores soados como Pablo Neruda e Miguel Hernández. A través das vidas deste tres protagonistas, Benjamín Prado preséntanos unha trepidante novela que indaga nunha época fundamental na Historia de España.

No hay comentarios:

Publicar un comentario