jueves, 30 de mayo de 2013

CUANDO PASE TU IRA

Wilma e Simon son dous mozos namorados que decidiron mergullarse no xeado lago de Vittangijärvi, no norte de Suecia, en busca dos restos dun avión alemán perdido en 1943. Mentres mergullan, alguén corta a corda de seguridade de Wilma e tapa o ori?cio de saída no xeo. Non poderán escapar. Cando a primavera achégase ao norte de Suecia, o corpo de Wilma emerxe das augas do río Torneälven. Ao mesmo tempo, unha?gura fantasmal aparece nos soños de Rebecka Martinsson, a reputada avogada de Kiruna. É a pantasma do corpo que apareceu no río? Xunto á inspectora de policía Anna-Maria Mella, Rebecka sómese nun enigma que esperta antigos rumores de colaboradores nazis en Kiruna, un lugar onde a vergoña e o segredo controlan os recordos da guerra. E un asasino está disposto a seguir matando para manter o pasado enterrado para sempre baixo o xeo e a neve.

No hay comentarios:

Publicar un comentario