lunes, 3 de junio de 2013

CambaLetras 2013: equipo ganador

A organización do CambaLetras 2013 quere agradecer a participación de todos os equipos neste concurso e aproveitar xa para animarvos a presentarvos en sucesivas convocatorias.
Non obstante, neste momento o que procede, ante todo, é felicitar ao equipo RIMC (integrado por Raquel Mera, Iria Alonso e María Rey de 1º ESO-A) por resultar ganador do concurso cun total de 64 puntos. Os nosos parabéns!!!
O premio de 60€ será entregado no Festival de fin de curso.
Lembrade que se queredes facer calquera comentario ou suxestión sobre o concurso (ou aproveitar para felicitar ás vosas compañeiras) tedes á vosa disposición o apartado de comentarios desta entrada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario