Onte,
mércores 26, despois dunha tortuosa viaxe...
o alumnado de Latín e Grego asistiu en Lugo á representación de As Troianas de Eurípides a cargo do grupo coruñés El Ruiseñor.
A contemplación desta
traxedia, cunha acertada posta en escena, unha solvente interpretación e unha
Hécuba espléndida, espertou en nós moitas reflexións acerca dos vaivéns da
fortuna, acerca da guerra e o cruel destino dos vencidos e do non moito máis
feliz dos vencedores a quen tantas veces, despois da vitoria, espreitan as Erinias.
Cantas mulleres de Siria, de Afganistán, de Sudán e de tantas outras partes do
mundo ven hoxe morrer os seus fillos, ven os seus netos e netas convertidos en
nenos-soldado, son privadas de todos os seus bens para viviren en campos de
refuxiados, ou para seren vendidas polas mafias como escravas sexuais, cal
modernas Casandras, en bordeis de Occidente. Unha vez máis, os clásicos, coa
súa penetración nas fonduras da natureza humana, mostran a súa total atemporalidade.
Pero a
nosa viaxe tiña outro obxectivo máis festivo: que o grupo Capricornio recollese
o merecido premio como vencedor no concurso Odisea.
Unha vez máis, os nosos parabéns.
No hay comentarios:
Publicar un comentario