Dous membros de Protección Civil de Lalín viñeron o martes ao instituto para dar unha charla e facer unhas prácticas, co alumnado de 3º ESO, sobre os Primeiros Auxilios.
A primeira parte foi teórica, mostraron os procedementos ante unha vítima de accidente ou de enfermidade repentina (PAS: protexer, alertar e socorrer).
Na segunda parte, levouse a cabo a práctica no ximnasio. O alumnado puido realizar as maniobras básicas de RCP, a colocación de posición lateral de seguridade (PLS) e a forma de inmovilizar unha vítima dun accidente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario