O alumnado de 3º ESO foi a Santiago o pasado día 9 de abril ao Auditorio de Galicia e ao Museo de Pobo Galego. Foi unha mañá adicada por completo á música popular galega. Primeiro o concerto didáctico no Auditorio a cargo da agrupación Ultreia de música e danza. Tras isto fomos ao Museo do Pobo Galego onde nos explicaron de maneira moi didáctica a continua presenza da nosa música ao longo dos momentos máis sinalados do ciclo do ano. Asemade puidemos achegarnos ao Panteón de Galegos Ilustres e á famosa triple escaleira helicoidal de Domingo de Andrade. Todo quedou inmortalizado baixo a cámara de Carmen. Aquí vos deixamos unha escolma da súa reportaxe fotográfica:
No hay comentarios:
Publicar un comentario