sábado, 27 de febrero de 2016

Visita ao estaleiro de Navantia



Os alumnos de 1º e 2º do Ciclo Medio de Soldadura e Caldeirería fixeron unha visita guiada polos estaleiros de Navantia en Ferrol onde puideron comprobar todo o proceso que se leva a cabo na construción naval.
En primeiro lugar recibiron unha charla sobre o compromiso coa calidade do sector naval, dende os operarios ata os directivos e como grazas a esa calidade se reducen os custos e os prazos.
 Posteriormente visitaron o estaleiro na súa totalidade, onde puideron coñecer os medios tecnolóxicos mais avanzados na construción naval, pasando polo corte e preparación das chapas e perfís ata a construción de bloques e o seu ensamblaxe así como, os diques secos para a reparación naval.
A visita rematou no museo do estaleiro, onde fixeron unha pequena achega á historia do estaleiro de Navantia e como foron mellorando os medios na construción naval.

No hay comentarios:

Publicar un comentario