lunes, 7 de marzo de 2016

Semana da Muller no Camballón

Esta semana no Camballón, baixo o lema: O DÍA DAS LOITADORAS SON TODOS OS DÍAS, adicámoslla a todas as loitadoras de todos os continentes, separadas por fronteiras (nacionais e internacionais) e diferenzas (étnicas, lingüísticas, culturais, políticas, económicas...) buscan acabar a igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento no mesmo grao en que o teñen os homes. Elas son e serán parte importante da nosa historia, son corredoras de fondo que buscan  acadar  a verdadeira igualdade e erradicar a violencia de xénero.
O día 8, coincidindo, coa conmemoración do Día Internacional da Muller, terá lugar na aula Manuel Dobarro varias charlas sobre este tema impartidas por unha experta nesta horario:

De 9.50- 10.40:3º, 4º, 1º e 2º Bac
De 10.40- 11.30: Ciclos de TAPSD e 1º e 2º Soldadura e 1º e 2º  FPBásica

Poderán asisitu todas aquelas persoas da Comunidade Educativa que estean interesadas.
Queremos recoñecerlle a nosa loitara todas as cousas que día a día fai e que iremos colgando na súa silueta. 
O alumnado de primeiro de ESO van rendirlle unha merecida homenaxe a algunhas mulleres que destacaron nos xogos, tanto de mesa como en xogos olímpicos e que pretendemos difundir a todas a comunidade educativa ao longo desta semana.

Animámonos a participar e coñecer as distintas actividades!!.

No hay comentarios:

Publicar un comentario