martes, 20 de diciembre de 2016

1º Festival de Artes Escénicas e Danza



O primeiro festival de Artes Escénicas e danza tivo a súa orixe nos bos resultados que se estaban obtendo nas diferentes probas que a profesora da materia estaba pedindo aos seus alumnos/as do grupo. Deste xeito a exhibición baseouse nos contidos de: bailes e ritmos latinos, danza moderna, percusión e mimo. Comezamos cun traballo de ritmo con “cups” para dar unha entrada potente ao festival, pasando por unha “rueda cubana” na que participaba practicamente todo o grupo, realizaron dous traballos de percusión, outro máis de “cups” combinado con expresión corporal. Tres alumnos demostraron a súas dotes expresivas en performances individuais de mimo; tamén tivemos coreografías variadas: de zumba, unha preciosa ca música de “Sia” e unha última coa que rematamos o festival ao ritmo de Pharrell Willians. Parabéns para todos os ilusionados alumnos/as que participaron e o deron todo neste primeiro festival de Artes Escénicas e Danza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario