O encargado de realizar o obradoiro de Toponimia é Vicente Feijóo, filólogo e especialista en Toponimia. Leva 17 anos traballando en toponimia, foi coordinadores do Proxecto Toponimia de Galicia da Xunta de Galicia durante 11 anos, e agora é o responsable de toponimia no Seminario de Onomástica da RAG.
O obxectivo de Vicente Feijoo Ares con esta actividade é achegar ao coñecemento da nosa contorna, da historia dos nosos antepasados, da literatura popular e da lingua a través do estudo dos topónimos do noso concello. E todo iso, traballado a través das novas tecnoloxías.
Aprenderon a usar a web de consulta do Nomenclátor de Galicia, o “buscador de topónimos”, e como facer blogs, xogos, relatos, curtametraxes... coa microtoponimia e coas lendas de mouros, mouras, serpes xigantescas, tesouros... que recollan dos seus avós e veciños.
No hay comentarios:
Publicar un comentario