lunes, 21 de enero de 2019

Visita de Carlos Labraña

O alumnado de 1º ESO e 1º FBásica estiveron con Carlos Labraña. E estas son algunhas das crónicas que fixeron:


O día 18 de xaneiro de 2019 ás 12:50 h da mañá fomos todo 1ºA á biblioteca do instituto porque viña Carlos Labraña, o autor do libro O valo, a darnos unha charla.
Cando xa estabamos e acomodados, el presentouse e dixo que era de Cedeira (A Coruña). Despois foinos facendo preguntas sobre o libro en xeral; por exemplo, preguntounos que acontecera e, por último, que personaxe escolleriamos nós se nos desen a elixir entre o Soldadiño ou Sahara. Todos dixemos Sahara; Carlos contounos unha anécdota de que en todas as charlas que dera só un neno dixera o soldadiño. A continuación preguntámoslle unha dúbida que tiñamos sobre o final do libro.
Posteriormente foron ler uns compañeiros meus un fragmento do libro O valo. En primeiro lugar, Carlos Labraña interpretou ao Soldadiño e Yasmín, a Sahara. Seguidamente foron Ainara e Alejandro e despois ninguén quería ir ler, entón Miriam presentouse voluntaria para facer de Soldadiño e Anais de Sahara. Finalmente, quitamos unha foto en grupo co autor e marchamos para a clase porque xa tocara o timbre.
Lorena Alonso

O venres día 18 de xaneiro veu ao noso instituto un escritor galego chamado Carlos Labraña. Estívonos contando por que escribiu o libro titulado O valo. Contounos tamén que escribiu outros libros e que estaba especializado en teatro infantil.
Estivemos actuando coma se foramos os protagonistas, que eran dous. Chamábanse Sahara, a nena que quería saltar a fronteira, e o Soldadiño de Chumbo, que non a deixaba pasar.
Para terminar a súa visita démoslle as grazas por vir ao noso centro. Para ter un recordo de cando veu, fixéronnos moitas fotos con el. Eu estou moi agradecida de que viñera. Paseino moi ben nesta visita que nos fixo!
Lucía Gil

No hay comentarios:

Publicar un comentario