O departamento de E.F, propuxo unha experiencia de coidado físico saudable persoal espallable ás familias, que xorde da necesidade de combater o cansazo e baixo rendemento que se orixina ao soportar unha mesma postura sedente durante moito tempo, a través do recoñecemento e práctica de exercicios de estiramentos na aula. A práctica realizouse con 1º BAC no 3º trimestre .
Contido da práctica: realización de estiramentos xa aprendidos no ximnasio (na U.D de corrección da actitude postural do 1º trimestre) adaptados a postura sedente na aula.
O alumnado xa tiña coñecementos previos do traballo a realizar e non tivemos ningún problema na posta en práctica do mesmo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario