20210601 - Kizoa Movie Maker
viernes, 4 de junio de 2021
Ser positivo
20210601 - Kizoa Movie Maker
martes, 1 de junio de 2021
Tecendo autocoidados, fortalecendo á autoestima
Como coidadoras de persoas somos conscientes da importancia que ten o autocoidado ara as coidadores e coidadores familiares e tamén para as coidadoras e coidadores profesionais, que deben atoparse ben para poder ofrece un correcto servizo.
20210602 AUTOCOIDADOS - Kizoa Movie Maker
lunes, 31 de mayo de 2021
Palestina e os coidados
O alumnado de Relixión fixo un estudo sobre o papel dos coidados en Palestina na época de Xesús tendo en conta o Evanxeo de Lucas.
jueves, 27 de mayo de 2021
Emocións e sentimentos
20250526 sentimentos - Kizoa Movie Maker
viernes, 21 de mayo de 2021
Como nos cambiou a vida!!
Para escoitalo pincha
A importancia das emocións
Aprendemos sobre os estilos de comunicación a través do xogo dos xinetes
e cabalos. Con esta dinámica o alumnado puido comprobar como inflúe o
estilo de comunicación nas relacións cos demais.
Para conseguir os
nosos obxectivos debemos aprender a manexar a frustración e ser
empáticos coas outras persoas, o que influirá positivamente nas
relacións persoais, facendo que estas sexan sanas e agradables.
20210522 - Kizoa Movie Maker
lunes, 10 de mayo de 2021
Coidado físico saudable persoal
O departamento de E.F, propuxo unha experiencia de coidado físico saudable persoal espallable ás familias, que xorde da necesidade de combater o cansazo e baixo rendemento que se orixina ao soportar unha mesma postura sedente durante moito tempo, a través do recoñecemento e práctica de exercicios de estiramentos na aula. A práctica realizouse con 1º BAC no 3º trimestre .
viernes, 7 de mayo de 2021
Relacións persoais
20210507mediacionI - Kizoa Movie Maker
viernes, 30 de abril de 2021
Mediación

Mediación20210430 - Kizoa Movie Maker
jueves, 29 de abril de 2021
Postura corporal

Na ESO foi impartido por Sandra Pena, profesora do centro e no Bacharelato Fátima Fontenla, vogal do Colexio Oficial de fisioterapeutas de Galicia vía streaming.
jueves, 15 de abril de 2021
Programa sobre o autocoidado
Hoxe tivo lugar un programa de Radio elaborado polo alumnado de 1º de ciclo medio
de APSD en
colaboración coa súa profesora Montserrat Sanmartín tratando a temática
do autocoidado.
Para escoitalo pincha aquí.
lunes, 12 de abril de 2021
Xornada de nutrición
Hoxe estivo no centro unha ex- alumnada Uxía González que é nutricionista e falou co alumnado do centro sobre a importancia que ten levar unha alimentación saudable.
viernes, 26 de marzo de 2021
Enfermidade mental
Ao longo do mes de marzo o alumnado de distintos cursos e etapas (3º ESO, 4º ESO, 1º e 2º de FP Básica e 2º CM de Atención a Persoas en Situación de Dependencia), tiveron a oportunidade de conversar coa psicóloga da Asociación de Familiares e Enfermos Mentais - MOREA, de Lalín. Foron unhas sesións moi amenas nas que se achegou ao alumnado información sobre a enfermidade mental e os factores de risco e de protección ante a mesma, coa finalidade de dar a coñecer unha realidade moi común pero que sen embargo está moi estigmatizada socialmente.
Deste xeito,
transmitiuselle ao alumnado unha información fiable e verídica,
promovendo a normalización da enfermidade mental e a concienciación
sobre a importancia do coñecemento, comprensión, respecto e inclusión
das persoas con enfermidade mental nos distintos ámbitos da vida. A
enfermidade mental pode, en definitiva, afectar a calquera ao longo da
súa vida, en distintos graos e intensidades. É unha realidade que afecta
á persoa que a padece pero tamén ao seu entorno, especialmente ao máis
próximo (familia, amizades...), sendo fundamental saber identificala e
aceptala, para poder atallala."
lunes, 8 de marzo de 2021
A muller
O noso alumnado estivo traballado sobre un conto tibetano sobre a muller e isto foi o que fixeron....
Pero tamén analizaron a muller en Grecia.
lunes, 18 de enero de 2021
Xornadas de Relaxacións
Durante esta semana vai ter lugar unhas sesións de Relaxacións guiadas por Montse. Faráse na hora de titoría nos grupos de ESO e en Bacharelato, Ciclos e FPbasica nunha sesión de clase. Farase na aula de referencia por cuestións sanitaria.