Cada un debe recoller a súa bolsa e decorada como lle guste.
20211030 bolsas - Kizoa Movie Maker
Cada un debe recoller a súa bolsa e decorada como lle guste.
A Academia Galega do Audiovisual (AGA) presentou onte no Auditorio Municipal Xosé Casal de Vila de Cruces o I Premio Fiestra de Audiovisual Galego para a educación en valores.
Así o recollía a noticia redactada polo Faro de Vigo :
Ao acto asistiron Miguel Mariño, director da academia; o concelleiro de Cultura de Vila de Cruces, Julio López; o director do IES Marco do Camballón, José Manuel Iglesias; e a actriz Camila Bossa. A presentación foi precedida pola proxección dun programa feito a partir do catálogo de Fiestra polo alumnado do instituto.
O director da AGA presentou esta iniciativa, na que os centros de ensino de Galicia que formen parte da comunidade de Fiestra poderán decidir cos seus votos cal é a curtametraxe do catálogo merecedora do premio, polo seu valor á hora de facilitar o traballo e a reflexión na aula. Camila Bossa, que interviña como representante do sector audiovisual, salientou a importancia de “promocionar e visibilizar a nosa cultura e a nosa lingua”, ademais de afirmar que “co cine se aprende moito máis do que cremos, dun xeito diferente”.
Julio López augurou unha “longa vida” ao galardón, ao tempo que louvou a actitude e o comportamento do alumnado do Marco do Camballón, que formou parte do público do acto e participou activamente na proxección previa. Pola súa banda, José Manuel Iglesias declarou que desde o instituto estaban “orgullosos de participar” nesta iniciativa “que contribúe á formación de cidadáns críticos”.
O I Premio Fiestra de Audiovisual Galego para a educación en valores será anunciado e entregado en Vila de Cruces no mes de xuño de 2022. Con anterioridade á presentación foi proxectado un programa de curtametraxes realizado polo alumnado de 4º da ESO do IES Marco do Camballón, composto polos seguintes títulos: C.O.D.A., dirixida por Veru Rodríguez; Matria, de Álvaro Gago; 1977, creación de Peque Varela; e Conversa cunha muller morta, de Sonia Méndez. A continuación, Javier Grixo, director de fotografía de C.O.D.A., e Camila Bossa, actriz protagonista de Conversa cunha muller morta, participaron nun coloquio cos mozos e mozas asistentes.
Hoxe celebramos o noso día!! Somos un lugar de encontro, comunicación e participación onde toda a comunidade educativa pode achegarse á lectura, a investigación e a creatividade.
Con motivo do día das bibliotecas o alumnado de 1º de ESO vai participar mañá nun xogo de pistas. Atentos mañá!!
Os encargados de realizar este taller foron dous alumnos do ciclo de Soldadura: Alejandro Dasilva e Héctor Pumar que nos ensinaron moitas cousas.... agora toca prácticar na casa!!
Moitas grazas!!
O equipo da biblioteca quere emprazar a toda a comunidade educativa a que se pase pola Biblioteca e se faga un selfie ou unha fotografía para conmemorar o Día das bibliotecas.
O vindeiro venres 22 de outubro terá lugar no exterior do IES un obradoiro para mañexar a buxaina que correrá a cargo do alumnado do Ciclo de Solda.
E que baile a buxaina!!
Escribir é "dar conta das idades da vida e permítenos escoller, recuperarnos e soñar entre as páxinas dos libros. Dos libros que lemos, dos que leremos. Dos que foron escritos para nós, aínda que aínda non os atopamos".O alumnado de 1º ESO contribuíu amosándonos algúns libros de escritoras que teñen na nosa biblioteca.
Noraboa Nico, alumno do ciclo de SOLCA que acadou o segundo premio nos Skills 2021 en Vigo.
Parabéns!!
Xa
temos listos os carnés de usuarios para entregar ao alumnado de TAPSD e
SOLCA. Mañá, a terceira hora, contaremos coa visita das alumnas de 1 do
ciclo de TAPSD que recibirán información sobre o sistema de préstamo e
as normas de acceso e uso da biblio!!