viernes, 17 de junio de 2022
Ciberasesor@s 2021-22
Ao igual que noutros cursos, o alumnado de 2º da ESO estivo a traballar cos seus titores/as sobre o uso de internet e redes sociais, as súas vantaxes e tamén os riscos ou perigos que se esconden na súa utilización e dos que moitas veces non somos conscientes. Elaboraron por grupos unha serie de traballos, nos que abordaron o ciberacoso, o sexting e sextorsión, a ciberviolencia de xénero, o grooming, o pishing, o sharenting e o vamping e ciberadicción. O alumando tamén fixo unha análise das principais redes e o comportamento que temos nas mesmas, concluíndo a importancia de manter o respecto e convivencia positiva no mundo virtual.
Estes traballos foron presentados no grupo-aula e posteriormente ao alumnado de 1º da ESO, levando a cabo a labor de ciberasesoramento cos compañeiros/as do curso inferior.
Como colofón, o grupo encargado de traballar sobre as recomendacións para o bo uso das novas tecnoloxías, repartíu os folletos que elaboraron con unha serie de consellos para o uso seguro de internet e redes sociais.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario