Hoxe fixemos un percorrido circular por o que se coñecía como Cruces de Besexos. Fomos dando respostas a algúns elementos arquitectónicos que temos tan preto. Grazas a memoria dos nosos maiores que recordan esa aldea na que eles naceron, medraron... e que aínda que cambiou seguen quedando vestixios do que algún día houbo: o cine, o muíño, as covas co observatorio, o Pino, as numerosas festas, as procesións ao cruceiro, o lavadoiro, as feiras .... e tantas e tantas cousas que o alumnado de Relixión de 4º de ESO recolleu e está poñendo por escrito para poder coñecer todos un pouco máis de onde vivimos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario